Nerio foi unha revista quincenal editada en Corcubión entre 1920 e 1921.

Historia e características Subtitulada Revista quincenal independente. Órgano defensor de los intereses de la comarca de Corcubión, apareceu o 1 de xullo de 1920. Posteriormente, na campaña pro-ferrocarril A Coruña-Carballo-Corcubión cambiou o seu subtítulo por Órgano de defensa. Corcubión-Muros, converténdose nunha publicación comarcal. Promovida por Pepe Miñones, estaba dirixida por Segundo Rey Fernández. Entre os seus colaboradores figurou Roberto Blanco Torres. Tiña correspondentes en toda a comarca, Arxentina e Cuba. Incluíu actualidade comarcal, agrícola, marítima, traballos históricos e literatura. Cesou a súa publicación co número 17 en setembro de 1921. Recibe o seu nome da tribo dos nerios, que poboaban a zona antigamente.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Corcubión Categoría:1920 en Galicia