Francisco José Conde López, nado en Monforte de Lemos en 1968, é un economista e político galego.
Traxectoria profesional Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense. Profesor de Estrutura Económica na Universidade San Pablo CEU dende 1995. Foi director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman e secretario do Instituto de Estudos Europeos. Vicedecano da Facultade de Económicas da Universidade San Pablo CEU (2002-2004), director de Relacións Internacionais (2004-2005) e vicerreitor de Relacións Internacionais (2005-2009).
Traxectoria política Trala vitoria do PP nas eleccións autonómicas do 2009, foi nomeado asesor do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O 2 de decembro de 2012 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria.
Conde converteuse nun dos conselleiros con máis peso dos executivos de Feijoo. En setembro de 2020 foi nomeado vicepresidente económico da Xunta, a carón de Alfonso Rueda. O seu nome chegou mesmo a soar como sucesor de Feijoo trala dimisión deste como presidente da Xunta a inicios do 2022.
Baixo a presidencia de Alfonso Rueda, Conde continuou como Conselleiro de Economía até xuño de 2023, en que dimitiu para encabezar a listaxe do PP pola provincia de Lugo ás eleccións xerais. En agosto dese ano converteuse en deputado no Congreso.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Artigo biográfico Biografía na Xunta de Galicia Web oficial da Consellería de Economía e Industria Francisco Conde López: El hombre tranquilo en la sombra pasa a la primera línea
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1968 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Vicepresidentes da Xunta de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP