Kosmos 166 (Космос 166 en ruso), tamén denominado DS-U3-S Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de xuño de 1967 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Kosmos 166 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U3-S. Estivo adicado a facer observacións do Sol a diferentes lonxitudes de onda. Foi inxectado nunha órbita inicial de 578 km de apoxeo e 283 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 93,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 25 de outubro de 1967.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos DS-U3-S Kosmos 230
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U3-S