Cronoloxía (do grego antigo χρόνος chrónos, 'tempo', 'época determinada', 'período', e -λογία -logía —de λόγος lógos, 'palabra', 'expresión', 'estudo'—) é a actividade cuxa finalidade é determinar a orde temporal dos acontecementos históricos; forma parte, por tanto, da disciplina da historia.
Non hai suceso na historia que non xurda doutros que o precederan e que non chegue a ser a orixe doutros máis ou menos importantes.
Todas as grandes civilizacións adoptaron diversos métodos de cronoloxía, utilizando o curso dos corpos celestes, para medir o tempo. O maior ou menor acerto desta operación dependeu do maior ou menor adianto do pobo respectivo nos coñecementos astronómicos. Tamén influíu no cómputo dos días, meses e anos, a relixión, os historiadores e até os hábitos políticos e civís dos pobos. Non é, por tanto, de estrañar que resultaran métodos moi diferentes.
O concepto cronoloxía tamén se utiliza noutras áreas do coñecemento para relatar feitos.
Véxase tamén Era Cronoloxía da Grecia antiga Cronoloxía das principais cidades da historia Cronoloxía de Dragon Ball Cronoloxía de reis de Asiria Cronoloxía do Antigo Oriente Próximo Cronoloxía do franquismo Cronoloxía do Universo Cronoloxía dos Presidentes dos Estados Unidos de América
Categoría:Efemérides