Jenifer Bartoli, ou Jenifer Yaël Dadouche-Bartoli, nada en Niza o 15 de novembro de 1982, é unha cantante francesa. Máis coñecida simplemente como Jenifer, é unha das cantantes francesas de maior relevancia na actualidade.

Traxectoria Orixes e infancia Jenifer é filla dunha nai corsa e un pai alxerino. Criouse en Niza, xunto aos seus pais e ao seu irmán, dende pequena sentiu admiración por cantantes como Édith Piaf, Jacques Brel e Charles Aznavour,"Ma maman était chanteuse d'orchestre." - Le Je Nous de Claire, entrevista de Claire Chazal en Pink TV o 28-04-2005."J'ai été bercée dans la musique, entre mon père avec la musique très black américaine (du gospel, du Stevie Wonder, du Prince, enfin toute la Motown) et ma mère très chanson française (Gainsbourg, Piaf, Jacques Brel, Léo Ferré...). Ca a toujours été présent la musique à la maison." - Le Je Nous de Claire, entrevista de Claire Chazal en Pink TV o 28-04-2005..Á idade de 7 anos nunha festa familiar, Jenifer sorprendeu cunha primeira improvisación da canción Milord, de Edith Piaf."C'était en Corse, il y avait un pianiste qui était là dans un grand restaurant, dans un petit village où j'ai ma famille. Et j'ai demandé à François, le pianiste, qu'il me prête son micro. Et puis j'ai chanté comme ça et tout le monde a été surpris, j'avais 7 ans. J'ai chanté Milord d'Edith Piaf." - Le Je Nous de Claire, Entrevista de Claire Chazal en Pink TV o 28-04-2005.

Comezos No verán de 1993, con 10 anos, Jenifer actuou nos escenario nun poblo corso, na antesala dun concerto de C. Jérôme."J'ai fait la première partie de C. Jérôme. Je chantais deux chansons." - La tête dans les étoiles, entrevista de Laurent Boyer en RTL o 21-10-2005. Posteriormente, con 14 anos, presentábase regularmente en bares e restaurantes da Costa Azul. En 1997, participou no programa de TV Graines de Star, onde quedou finalista. Aos 16, deixou Niza para ir a París Despois dun casting, en 2001 foi cando o público descubriu a Jenifer durante a súa participación na primeira edición do reality show Star Academy, que gañou o 12 de xaneiro de 2002. Esta experiencia serviulle para lanzar a súa carreira.

Carreira musical Jenifer É o seu primeiro álbum e saíu á venda en 2002. Inclúe composicións de Lionel Florencia (Donne-moi le temps) e Marc Lavoine (Nos points communs). Con cancións como Au soleil, J'attends l'amour e Des mots qui résonnent !, o álbum recibiu un disco de platino da IFPI por alcanzar o millón de copias vendidas en Europa.(en inglés) IFPI Platinum Europe Awards - 2007

Le Passage miniatura|dereita|Jenifer durante un concerto no l'Olympia no ano 2005 en París, Francia. Na primavera de 2004, Jenifer sacou Ma révolution, o primeiro sinxelo do seu segundo álbum, Le Passage, que ela mesma definiu como “máis persoal, máis sólido e máis pop/rock”."Il est beaucoup plus personnel, beaucoup plus affirmé, résolument pop." - Reportaxe no informativo da 1:00 pm en TF1 o 24-05-2005. Ten varias colaboracións, especialmente con Calogero (compositor de C’est de l’or), o grupo Kyo (Le souvenir de ce jour) e Marc Levy, (autor de Pour toi).

Con este álbum, Jenifer gañou varios premios: Mellor artista francesa nos MTV Europe Music Awards,Jenifer elixida como « Mellor artista francesa » , MTV, 26-11-2004. Artista Feminina e Álbum de fala francesa nos NRJ Music Awards.Jenifer, K-Maro, Calogero: Gañaron nos NRJ Music Awards !, MCM, 24-01-2005. Finalmente, o álbum vendeu máis de 500 000 copias.

Lunatique O 5 de novembro de 2007, tres anos despois de Le Passage, Jenifer sacou o seu terceiro álbum, Lunatique, onde compuxo a música xunto coa súa parella, Maxim Nucci."La chanteuse a donc réuni autour d'elle une équipe. Soit son compagnon Maxim Nucci avec qui elle a co-composé les musiques, mais aussi les paroliers David Verlant, Julie D'Aimé et Fabrice Ballot-Léna." - Artículo de Parisien o 09-07-2007, de Sébastien Catroux. O primeiro sinxelo do álbum foi Tourner ma page.

O disco conta coas colaboracións de compositores como David Verlant, que participou na maioría dos textos, así como de Julie d'Aimé (compositora de Calogero) e Fabrice Boleta-Léna (compositor de Maxim Nucci). Na parte musical participaron Mathieu Chédid na guitarra dalgúns temas (Touche-moi), e Guillaume Canet en Nos futurs. A finais de setembro de 2008, as vendas do álbum eran de máis de 255 000 exemplares, conseguindo outro disco de platino.Jenifer entrégase con outra xira

Appelle-moi Jen O cuarto disco, chamado "Appelle-moi Jen" saíu á venda o 29 de novembro de 2010. O primeiro sinxelo titulado "Je danse"n saíu o 17 de setembro de 2010.

L'amour & moi O luns 17 de setembro de 2012 apareceu o quinto disco da cantante, titulado "L'amour & moi".

Actividades con asociacións caritativas Jenifer colabora regularmente con organizacións caritativas, en particular coas que apoian aos nenos.

Dende principios de 2006, é madriña da asociación Chantal Mauduit Namasté, que busca mellorar as condicións de vida e educación dos nenos de Katmandú, no Nepal, visitandoos dez días en abril de 2006.Entrevista na web da Asociación Chantal Mauduit Namasté . Colabora coa asociación Rêves co fin de cumprir os soños dos nenos enfermos e participa nos concertos de Les Enfants De La Terre, organizados por Yannick Noah, e tamén nos eventos de Les enfoirés dende 2003.

En decembro de 2006, apoiou á Association Européennes contre les Leucodystrophies nun programa de televisión durante unha noche. En abril de 2007, participou nunha gala benéfica para a asociación Rêves, invitada por Jamel Debbouze para estar xunto con outros artistas, como Audrey Tautou, Diam's e Jean Dujardin.

Discografía Álbums Jenifer (2002)

Des mots qui résonnent! Au soleil J'attends l'amour Je garde (con Mario Barravecchia) Nos points communs Entre humains Je ne pourrai plus aimer Donne-moi le temps Là où tu rêves Secrets défenses Viens me voir Maintenant Que reste-t-il?

Le Passage (2004)

Ma révolution Le souvenir de ce jour C'est de l'or Ose Pour toi J'en ai assez Comme un yoyo Le passage Celle que tu vois Serre-moi Chou boup De vous à moi

Fait son live (2005)

Ose Comme un yoyo Le passage Le souvenir de ce jour Celle que tu vois Donne-moi le temps Chou boup Pour toi Au soleil J'en ai assez Des mots qui résonnent! Mauvais sang De vous à moi Je ne pourrai plus aimer C'est de l'or Dirty Man J'attends l'amour Ma révolution Serre-moi (Single Mix) Tom's Diner Serre-moi

Lunatique (2007)

Tourner ma page Touche-moi Comme un hic Nos futurs Le parfum Attention douleur fraîche Si c'est une île Quitte à se quitter Ca se pointe Le bonheur me va au teint Lunatique

Appelle-moi Jen (2010)

À peine Je danse La vérité L'amour fou Les autocollants Le dos tourné L'envers du paradis Pôle dance Pas que ça à faire Le risque C'est quand qu'on arrive

L'amour & moi (2012)

Les jours électriques Sur le fil Prisonnière Appelle la police mon amour L'amour et moi Orage en vue Besoin d'air Mademoiselle fume Tu ne dis rien Mes nuits Est-ce que tu m'aimes Hello Y'a pas jen La pudeur Sur le fil (Remix de Mr. Waltmann)

Sinxelos

J'attends l'amour (2002) Au soleil (2002) Des mots qui résonnent! (2002) Donne-moi le temps (2003) Ma révolution (2004) Le souvenir de ce jour (2004) C'est de l'or (2005) Serre-moi (2005) Tourner ma page (2007) Comme un hic (2008) Si c'est une île (2008) Je danse (2010) L'envers du Paradis (2011) L'amour Fou (2011) Sur le Fil (2012)

Distincións e premios

2003

Victoires de la Musique: Nomeada na categoría Album Révélation. NRJ Music Awards: Révélation francophone.

2004

NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone. MTV Europe Music Awards: Artiste francophone.

2005

NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone, Album francophone.

2006

NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone.

2007

Museo Grévin: Elixida pola Academia Grévin, recibiu o seu dobre en cera, realizado por un prestixioso centro cultural parisiense, o 11 de decembro de 2007.

2008

NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone.

2009

NRJ Music Awards: Artiste féminine francophone.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Nados en Niza