O Estadio Nacional Complutense, popularmente coñecido como Central, é un recinto deportivo adicado á práctica do rugby, situado no campus da Universidade Complutense de Madrid.
O 19 de novembro de 1931 foron inauguradas as instalacións deportivas da nova Cidade Universitaria de Madrid, que entre outras facilidades incluía un campo de rugby. Durante a guerra houbo combates na zona que causaron moita destrución. En 1940 comezou a recontrucción da Cidade Universitaria da man do arquitecto Javier Barroso. O actual recinto foi inaugurado o 12 de outubro de 1943.
Acolle principalmente encontros do CD Arquitectura e do CR Cisneros. A selección de rugby de España tamén xoga os seus encontros como local neste campo, cuxa capacidade nas bancadas supera os 12.000 espectadores. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos Estadi Baldiri Aleu Campos de Pepe Rojo
Central