A Deputación Xeral de Aragón ou Goberno de Aragón (oficialmente: Diputación General de Aragón) é o órgano de goberno que representa o poder executivo da Comunidade Autónoma de Aragón, nacido durante a Transición Española como órgano executivo preautonómico, e unha das institucións propias que integran a Comunidade Autónoma, xunto ás Cortes de Aragón (poder lexislativo), e o presidente da Deputación Xeral, elixido polas Cortes.

A súa sede principal áchase na Real Casa da Misericordia en Zaragoza, edificio tamén chamado El Pignatelli. Ten a súa orixe histórica na Deputación do Xeneral do Reino de Aragón ou Generalidad de Aragón, vixente entre 1364 e 1708.

Composición O seu Presidente é elixido polas Cortes de Aragón. A día de hoxe ten 10 membros, entre Conselleiros e a presidenta do executivo, Luisa Fernanda Rudi.Estrutura orgánica do Goberno de Aragón , Aragon.esCortes de Aragón

CargoNomePresidencia da Deputación Xeral de AragónLuisa Fernanda Rudi (PP)Departamento de Presidencia e XustizaRoberto Bermúdez de Castro (PP)Departamento de Facenda e Administración PúblicaJosé Luis Saz Casado (Indep.)Departamento de Economía e EmpregoFrancisco Bono Ríos (Indep.)Departamento de Obras Públicas, Urbanismo, Vivenda e TransportesRafael Fernández de Alarcón (Indep.)Departamento de Política Territorial e InteriorAntonio Suárez Oriz (PP)Departamento de Agricultura, Gandería e Medio AmbienteModesto Lobón Sobrino (PP)Departamento de Industria e Innovación Arturo Aliaga López (PAR) Departamento de Educación, Universidade, Cultura e DeporteMaría Dolores Serrat (PP)Departamento de Sanidade, Benestar Social e FamiliaRicardo Oliván Bellosta (PP)

Presidentes Réxime preautonómico 1978–1981: Juan Antonio Bolea Foradada (UCD) 1981–1982: Gaspar Castellano y de Gastón (UCD) 1982: Gaspar Castellano y de Gastón (UCD/Independentes) 1982: José María Hernández de la Torre y García (UCD/Independentes) 1982–1983: Juan Antonio de Andrés Rodríguez (UCD/Independentes) Réxime autonómico 1983–1987 (I lexislatura): Santiago Marraco Solana (PSOE-Aragón) 1987–1991 (II lexislatura): Hipólito Gómez de las Roces (Coalición PAR-PP) 1991–1993 (III lexislatura): Emilio Eiroa García (Coalición PAR-PP) 1993–1995 (III lexislatura): José Marco Berges (PSOE-Aragón) 1995–1995 (III lexislatura): Ramón Tejedor Sanz (en funcións) (PSOE-Aragón) 1995–1999 (IV lexislatura): Santiago Lanzuela Marina (Coalición PP-PAR) 1999–2011 (V, VI e VII lexislaturas): Marcelino Iglesias Ricou (Coalición PSOE-Aragón/PAR) 2011–actualidade (VIII lexislatura): Luisa Fernanda Rudi (Coalición PP-PAR)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cortes de Aragón Estatuto de Autonomía de Aragón

Ligazóns externas Portal de Aragón: sitio web da Deputación Xeral de Aragón

Categoría:Política de Aragón Aragón