Gabián é un lugar da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2019 tiña cinco habitantes (todas mulleres).

Historia

O 26 de setembro de 1993 varias mulleres de Gabián cortaron un tramo do Rally de Terra do Carballiño de 1993. Días antes da celebración do rally xa mostraran a súa oposición ao paso da proba por unha das pistas forestais, entre Gabián e o alto do Paraño, alegando que dito camiño fora aberto co seu traballo e o seu diñeiro e que nos anos anteriores o paso do rally o deixara bastante estragado, tendo que amañalo elas sen a axuda de ninguén. Por este motivo pedíronlle 100.000 pesetas á organización para permitir o paso da proba, petición que foi aceptada nun principio pola organización. Con todo, tras o pago da metade da cantidade acordada, o ICONA obrigou ás mulleres a devolver o diñeiro.

Na tarde anterior á celebración da proba as mulleres abriron unha gabia de grandes dimensións na pista forestal, que foi pechada pola noite e reaberta de novo no amencer do día do rally. Atrincheiráronse nela "armadas" con apeiros de labranza e colocaron ademais bloques de cemento e grandes pedras obstaculizando o camiño. Finalmente conseguiron o seu obxectivo e suspendéronse as dúas pasadas por dito treito. Lugares e parroquias Lugares de Moreiras

Parroquias de Boborás

Notas

Categoría:Lugares de Boborás Categoría:Boborás poboación 2011