miniatura|Palacio de Cnosos Knossos Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo 2002, s. v. (tamén CnossosEnciclopedia Galega Universal, Ir Indo 2002, s. v. Cnosos remite a Knosos., ambos se pronuncian ; , Ko-no-so)paleolexicon.com, "Grego micénico e lineal B", Paleolexicon. é o maior sitio arqueolóxico da Idade de Bronce en Creta e chamouse a cidade máis antiga de Europa..
Asentado xa no período Neolítico, o nome Cnossos sobrevive das antigas referencias gregas á cidade principal de Creta. O palacio de Cnossos converteuse finalmente no centro cerimonial, político e da cultura da civilización minoica. O palacio abandonouse nalgún momento descoñecido a finais da Idade do Bronce Final, c. 1380–1100 a. C.; descoñécese o motivo, pero xeralmente exponse un dos moitos desastres que sufriu o palacio.
No Período do Primeiro Palacio (ao redor do 2000 a.C.), a área urbana alcanzou un tamaño de ata 18.000 habitantes. No seu apoxeo, o pazo e a cidade circundante contaban cunha poboación de 100.000 persoas pouco despois de 1700 a.C.
Ortografía
O nome Knossos foi anteriormente latinizado como Cnossus ou Cnossos e ocasionalmente como Knossus, Gnossus ou Gnossos, pero agora case sempre escríbese Knossos.
Historia e características Probablemente era un centro político e relixioso da civilización minoica. Posuía 17.000 m² construídos e incluía 1.500 habitacións, motivo polo cal constitúe o principal dos palacios cretenses e nel quíxose ver a sede do mítico rei Minos. Foi descuberto por Sir Arthur Evans en 1894.
Entre os achados máis importantes están os frescos que decoran as paredes. Estas pinturas sofisticadas mostran unha grande civilización que vivía con luxo. As súas vestimentas non semellan herdadas de ningunha civilización coñecida. Os vestidos femininos tiñan cinturas finas e unha distinta cor azul, indicando comercio cos fenicios. Os murais retrataban competicións atléticas (posibelmente un ritual de madureza) en que a xente nova practicaba acrobacias montados en bois.
A complexidade da distribución interior do Palacio de Cnosos deu nacemento á lenda do Labirinto e o Minotauro. O Palacio era de planta cadrada de 150 m de lado. Na banda norte estaba a entrada principal e achegábase a un patio central. A banda oeste era onde se atopaba a Sala do Trono, que era a peza central do palacio. Tiña unha grande cadeira de pedra arrodeada de cadeiras máis pequenas e todas protexidas dende as súas costas por pinturas con grifóns, tema recorrente nas civilizacións orientais (en Exipto, as esfinxes, en Mesopotamia os touros alados sirios e babilónicos). Como os reis eran ao mesmo tempo sacerdotes, é fácil supor que o palacio era tamén templo ou santuario. Tras as estancias cerimoniais, atopábanse os almacéns, nos que había cofres de pedra soterrados no chan. Algúns dos cuartos tiñan as súas paredes cubertas de chumbo, suponse que para evitar as humidades. Na parte leste evidénciase moi claramente a construción en forma de chanzos do pazo, xa que esta está construída nunha chaira do outeiro e ten até tres andares por baixo do nivel do patio, onde se atopaban os apousentos da familia real, os servizos (baños) e seguramente tamén estivese a Cámara do tesouro e diversas estancias que poderían ser almacéns, entre as que descorría un tortuoso corredor. A norte do patio central distribuíanse os artesáns, a escola dos escribas e outras dependencias. Tamén había un tanque que se especula con que fose un acuario.
Historia da pintura Na Illa de Creta, na antigüidade, desenvolveuse unha pintura innovadora de extraordinaria calidade. O carácter singular e innovador da pintura cretense distínguese en tres aspectos fundamentais:
miniatura|Friso dos glifos, pintura mural da Sala do Trono do Palacio de Cnossos. Creta, período Minoico II, cara a 1450 - 1400 a. C. Os temas da pintura cretense van máis lonxe cós temas relixiosos propios do Antigo Exipto ou Mesopotamia. Tamén van máis alá dos temas da vida cotiá de Exipto. Os cretenses incorporan desfiles e procesións de deuses e homes, danzas variadas, xogos de risco, como o salto das bailarinas por enriba das hastas dos touros, etc. A incorporación á pintura da composición, do ritmo e as proporcións é o aspecto máis innovador xa que a partir de Creta, estes elementos inmateriais estarán presentes en tódalas manifestacións pictóricas. As formas pictóricas cretenses son máis lixeiras e ousadas. Deixan de lado a rixidez da pose propia do sentido relixioso das culturas exipcia e mesopotámica para representar os deuses con forma humana e á mesma escala cós homes. A pintura cretense, se ben nos seus inicios mantén a frontalidade, evoluciona e dá volume ós corpos usando as medias tintas ou as gradacións de cor. En definitiva, aínda que se recrean os mesmos temas da vida cotiá, cáptase con máis humor e espontaneidade as actitudes e os acenos. Finalmente, incorpora os ritmos, derivados da reprodución dos detalles e das formas xeométricas propias das culturas do metal: espirais, bucles, ondas etc. A pintura cretense áchase nos pazos, non nas tumbas. O espazo propio da pintura cretense son as habitacións, corredores e outras dependencias dos pazos e as casas. Os cretenses pintaban ó fresco sobre os entrepanos enfoscados ou revocados. As súas mellores escenas están á altura da vista, entre o zócolo de alabastro ou mármore polícromo e o teito dos pazos e casas. miniatura|O príncipe dos lirios, Pintura mural no Pazo de Cnosos. Creta. Como toda a arte cretense, a pintura cretense deriva do feito de que na illa de Creta se desenvolveu unha civilización de base agraria que evolucionou a partir do intenso comercio marítimo que puxo a Creta tanto en contacto tanto cos Imperios Agrarios de Exipto e Mesopotamia como cos pobos máis atrasados do continente europeo, as culturas da Idade de Bronce.
Creta foi o lugar do mundo antigo civilizado en que se iniciou o desenvolvemento das artes e técnicas da metalurxia do bronce, que se introduciu na illa cara ó ano 2500 a. C.
Mediante o comercio marítimo, a civilización cretense mantiña intensos contactos tanto cos Imperios Agrarios como cos pobos de Anatolia e de Europa onde se desenvolveran as primeiras culturas da Idade de Bronce. As súas naves comerciaban con Exipto e Mesopotamia intercambiando aceite, viño e gando por legumes, cereais e tecidos, tamén intercambiaban obxectos artísticos e cobre. Polas rutas comerciais do Danubio e outras vías de penetración, obtiñan o estaño dos filóns do centro de Europa.
A arquitectura cretense inspírase na arquitectura de Mesopotamia, os seus modelos son acadios, sumerios ou hititas, pero a pintura cretense inspírase na pintura do Antigo Exipto, a partir da cal crea un novo universo de formes de extraordinaria influencia na evolución posterior da historia da arte.
A obra máis destacada da pintura cretense é O Príncipe dos lirios un fresco do Pazo de Cnossos que pertence ó período Minoico I. Outras obras son: a Corrida de Touros co tema das bailarinas saltando xa comentado, e o perfil dunha rapariga que popularmente se denomina A Parisina, ambas, coma o anterior, procedentes do Pazo de Cnossos, gárdanse actualmente no Museo de Candía.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lineal A Lineal B Grecia Antiga Civilización minoica
ligazóns externas Hellenic Ministry of Culture British School at Athens Knossos Pages Aegean Prehistory Online at Dartmouth
Categoría:Arqueoloxía Categoría:Grecia antiga