Richard David James, nado en Limerick o 18 de agosto de 1971, máis coñecido polo pseudónimo de Aphex Twin, é un músico electrónico e compositor irlandés nacionalizado británico.
Foi descrito polo xornal The Guardian como "a figura máis innovadora e influente na música electrónica contemporánea".
Traxectoria Fundou o selo discográfico Rephlex Records en 1991 con Grant Wilson-Claridge.
Aphex Twin é coñecido tamén polos alias AFX, Blue Calx, Bradley Strider, Caustic Window, DJ Smojphace, GAK, Martin Tressider, Polygon Window, Power-Pill, Prichard D. Jams, Q-Chastic, Tahnaiya Russell, The Dice Man, Soit P.P., e, especulativamente, The Tuss.
Aphex Twin ten editado álbums con Rephlex, Warp, R&S, Sire, Mighty Force, Rabbit City e Men Records.
Discografía Álbums de estudio como Aphex Twin Selected Ambient Works 85–92 - 1992 Selected Ambient Works Volume II - 1994 ...I Care Because You Do - 1995 Richard D. James Album - 1996 Drukqs - 2001 Syro - 2014
Álbums de estudio como Polygon Window Surfing On Sine Waves - 1993
Álbums de estudio como Caustic Window Compilation - 1998 Caustic Window - 2014
Álbums de estudio como AFX Chosen Lords - 2006
Álbums de estudio como The Tuss Rushup Edge - 2007
Notas
Categoría:Personalidades da música de Irlanda Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Limerick