Soul Asylum é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Minneapolis, Minnesota no ano 1983. O grupo fundouse orixinalmente en 1981 co nome Loud Fast Rules, coa formación orixinal composta por Dan Murphy, Dave Pirner, Karl Mueller e Pat Morley. O último foi substituído por Grant Young en 1984.
A banda gravou tres álbums co selo Twin/Tone Records e dous con A&M Records con pouco éxito comercial. Porén, en 1992, publicaron o álbum que chegaría a ser triplo platino Grave Dancers Union, que contiña a canción premiada cun Grammy "Runaway Train". Soul Asylum tamén tería un disco de platino con Let Your Dim Light Shine tres anos despois.
Discografía Álbum Ano Selo Say What You Will, Clarence... Karl Sold the Truck 1984 Twin/Tone Records Made to Be Broken 1986 Twin/Tone Records While You Were Out 1986 Twin/Tone Records Hang Time 1988 A&M Records And the Horse They Rode In On 1990 A&M Records Grave Dancers Union 1992 Columbia Records Let Your Dim Light Shine 1995 Columbia Records Candy from a Stranger 1998 Columbia Records The Silver Lining 2006 Legacy Recordings Delayed Reaction 2012 429 Records Change of Fortune 2016 Entertainment One Hurry Up and Wait 2020 Blue Élan Records Slowly but Shirley 2024 Blue Élan Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Minneapolis, Minnesota Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1983