A Baía de Chimbote, chamada tamén baía El Ferrol, é unha entrada do océano Pacífico na costa norcentral do Perú. Nela aséntase a cidade de Chimbote.

A baía é a maior e segunda máis meridional, tras a baía de Santa, dunha serie de entradas do océano Pacífico na costa das provincias de Provincia de Casma e Santa no Departamento de Ancash.

Conforma unha entrada do mar entre o Cerro de La Juventud ou cerro Chimbote e a península de El Ferrol, cerrada ao norte pola Illa Branca e ao sur polas Illas Ferrol.

A Baía de Chimbote é un sitio importante e tradicional de pesca artesanal, aínda que na última metade do século XX empezou a sufrir de contaminación ambiental por parte da vertedura de produtos industriais das fábricas de fariña de peixe. Na Baía de Chimbote desemboca o río Lacramarca.

Véxase tamén Ligazóns externas IMARPE - Prospección bioceanográfica en el litoral de la Provincia del Santa: Delimitación de zonas de pesca artesanal, bancos naturales de invertebrados y áreas propuestas para maricultura (07-12 e 14-16 de xuño de 2005).

Categoría:Baías do Perú