Añora é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2010 tiña 1.540 habitantes. A súa extensión superficial é de 111 km² e ten unha densidade de 13,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 24' N, 4º 53' O. Atópase situado a unha altitude de 624 metros e a menos de 90 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Historia

Añora fundouse como unha aldea dependente de Torremilano a finais do século XIV. Obtivo o seu título de vila independente en 1553 e desde entón formou parte das Sete Vilas do Val dos Pedroches, canda Pedroche, Torremilano, Torrecampo, Pozoblanco, Alcaracejos e Villanueva de Córdoba. Desde 1660 até 1747 estas vilas formaron o Marquesado do Carpio. Até comezos do século XX non se delimitaron os seus respectivos termos municipais. En Añora naceu Marcos Rodríguez Pantoja, o neno que viviu só en plena Serra Morena no Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro. Nesa experiencia vital está baseada a película do director de cine cordobés Gerardo Olivares Entre lobos.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ayuntamiento de Añora Blog oficial del Ayuntamiento de Añora Añora, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía. La página de Añora.

Categoría:Concellos da provincia de Córdoba