Os Winnipeg Jets son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Winnipeg (Canadá) que actualmente compite na National Hockey League (NHL).
O equipo naceu na cidade estadounidense de Atlanta como Atlanta Thrashers en 1999, antes de ser comprado polo grupo canadense True North Sports & Entertainment Limited e relocado en 2011 na capital de Manitoba. O seu nome fai referencia ao primeiro equipo da cidade, que en 1996 se mudou a Arizona, para converterse nos Phoenix Coyotes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Winnipeg Jets (1972-1996) Atlanta Thrashers
Ligazóns externas Sitio web oficial dos Winnipeg Jets
Categoría:Winnipeg Jets