Chapel Club foi unha banda inglesa de synthpop procedente de Londres e formada polo vocalista Lewis Bowman, o batería Rich Mitchell, o baixista Liam Arklie e os teclistas Michael Hibbert e Alex Parry.
A banda deixou o selo de Universal Polydor Records en marzo de 2012 tras desfacerse do seu anterior son indie rock, que describira á banda como "melancólica, maxestosa e magnificiente" polo seu enfoque electrónico do pop usando samples e sintetizadores. O segundo e derradeiro álbum da banda, Good Together, foi editado a través de Ignition Records en 2013.
A banda anunciou a súa separación o día 17 de outubro de 2013 nun concerto na St Pancras Old Church de Londres.
Discografía Álbum Ano Selo Palace 2011 Polydor Records Good Together 2013 Ignition Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais separados en 2013