O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.

Está situado en Cotogrande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Acontecementos máis significativos Salón do Automóbil de Vigo Motorocasión: Salón do automóbil usado e de ocasión de Vigo. World Fishing Exhibition Navalia: Feira internacional da industria naval. Conxemar: Feira internacional dos produtos do mar conxelados. Vigoferia: Multisectorial, salón do moble, decoración e interiorismo. Vigobodas: A feira dos noivos. Vigolandia: Lecer infantil e familiar. Concurso de Saltos Internacional de Vigo miniatura|300px|Na fachada do IFEVI figuran os logotipos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Cámara de Comercio de Vigo.|centro

Véxase tamén

Ligazóns externas Ifevi.com