Vigo destacou entre as cidades de Galiza polo seu movemento esperantista. O seu grupo de esperanto mantívose durante máis tempo que calquera outro de Galiza. En Vigo tiveron lugar dous Congresos Españois de Esperanto, en 1972 e 1986, e a cidade posúe nunha parte bastante céntrica unha rúa do Esperanto inaugurada en ocasión do Día de Zamenhof en 1987. Na historia do movemento esperantista vigués destacou Xulio Bueno Cortés (1903-1988), auténtica alma do grupo local Paco kaj Amo. Este grupo mantivo longas relacións coa comunidade esperantófona do Porto.

Na actualidade o grupo Paco kaj Amo xa non existe, aínda que os esperantistas da cidade permanecen en contacto e reúnense con certa frecuencia Romero, Hildegard (2019): "El esperanto: la utopía fracasó, pero el idioma sigue vivo", en Nius. En Vigo teñen lugar cursos de esperanto de varios niveis.

Primeiras décadas Ao contrario doutras cidades galegas, como A Coruña, Santiago ou Mondoñedo, no inicio do século XX en Vigo non se creou ningún grupo de esperanto. O santiagués Santiago Carro García (1889-1966) pronunciou unha afervoada conferencia sobre a lingua na sociedade viguesa La Oliva. Presidiu a conferencia o arquitecto Manuel Gómez Román e o acto foi recollido nas páxinas da revista Vida Gallega (1-2-1910) Xesús Alonso Montero (1984): "Esperanto", en Silverio Cañada (eldonisto), Gran Enciclopedia Gallega, Santiago/Gijón, pp. 214-218.

Formación do grupo local. O primeiro congreso en Vigo left|miniatura|Círculo Mercantil, que foi a sede de Paco kaj Amo Hai que agardar até 1960 para o primeiro Congreso Español de Esperanto en Galiza, en Pontevedra, impulsado por Antonio Alonso Núñez. O congreso avivou os xa existentes esperantistas vigueses e afoutouos a se uniren no grupo esperantista Paco kaj Amo (Paz e Amor), hoxe desaparecido. O grupo naceu no seo do Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (coñecido como Círculo Mercantil, ou Komerca Rondo entre os esperantistas) na Rúa do Príncipe. O seu primeiro presidente foi o mozo Arturo Moreira Lorenzo e a seguir, durante moito tempo e até o seu falecemento, o entusiasta Xulio Bueno Cortés (1903-1988), a alma do grupo, e a el pertenceron entre outros Pío Moa Banga (pai do escritor Pío Moa Rodríguez), Emilio Crespo Cano, María Elvira Álvarez Iglesias, Jaime Canoa González e Manuel Lojo Martínez.

Froito da unión dos esperantistas locais foi o curso de esperanto da radio La Voz de Vigo nos anos 60 e os cursos presenciais (nos cales ensinaron Xulio Bueno, Arturo Moreira e outros), aínda que o logro máis importante para Paco kaj Amo foi a organización en 1972 (do 20 ao 25 de xullo) do 32º Congreso Español de Esperanto (Hispana Kongreso de Esperanto). Nunha nota publicada en Boletín (órgano da Federación Española de Esperanto) Emilio Crespo Cano fala por vez primeira do grupo de Vigo (Grupo Esperantista Vigués) que el denomina 'Paco kaj Espero', talvez enganado ou porque efectivamente ese foi o seu primeiro nome -- (1972): Boletín nº 189, xaneiro-febreiro 1972, Zaragoza: Hispana Esperanto-Federacio, p. 3. Daquela o presidente do grupo vigués Paco kaj Amo era Arturo Moreira, estudante da Universidade de Santiago de Compostela-- (1972): Boletín nº 191, maio-xuño 1972, Zaragoza: Hispana Esperanto-Federacio. Participaron nel mais de 300 congresistas, entre os cales se contaban falantes do norte de Portugal. Para a ocasión os correos españois editaron selos especiais. O congreso tivo lugar na sede do mencionado Círculo Mercantil, baixo a protección do seu presidente, Camilo Veiga, simpatizante da lingua internacional. A bandeira esperantista ondeou no balcón principal-- (1972): Boletín nº 193, setembro-outubro 1972, Zaragoza: Hispana Esperanto-Federacio.

O congreso correu así:

Quinta feira, 20. Recibimento de congresistas. Presentación a cargo de Camilo Veiga Prego, presidente do Círculo Mercantil e presidente honorífico do congreso. Serán (Interkona vespero, reunión tradicional nos congresos de esperanto para se coñeceren os participantes). Sexta feira, 21. Misa católica en esperanto na Colexiata. Acto de inauguración, no auditorio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, coa presenza do vicealcalde Massó e do comandante, o xeneral Luis Sánchez Sáez. Entre os que saudaron o congreso encontrábase Agustina Roca, cuxo marido morrera no anterior congreso en Galiza, no ano 1960 en Pontevedra; ela fixérase a promesa de aprender esperanto antes de participar de novo nun congreso en Galiza, e demostrouno con palabras na lingua internacional. Por último cantouse o himno esperantista La Espero (A esperanza, con letra de Zamenhof). Houbo tamén diversas reunións e unha visita aos montes do Castro e da Guía. A seguir celebrouse o Baile da Mocidade (Junulara Balo) na Sociedade La Oliva; nel María Elvira Álvarez Iglesias foi escollida Fraulino Esperanto 1972 (Miss Esperanto 1972) e recibiu unha fita de miss como premio. Sábado, 22. Reunións de traballo. Excursión en barco á empresa conserveira Massó na outra beira da ría. Os congresistas puideron observar o enlatado de sardiñas e tres baleas que ían ser despezadas.En Vigo, Pedro Nuez, de Barcelona, deu unha conferencia con diapositivas. Ás 22 h, no parque de Castrelos e a convite do Concello, os participantes no congreso asistiron ao espectáculo dun ballet español. Domingo, 23. Excursión dun día co seguinte itinerario: barrio do Berbés - Misa católica (a segunda no congreso) no Templo Votivo do Mar, en Panxón - Baiona (con visita ao Castelo de Monterreal) - A Guarda - Castro de Santa Trega - Tui - O Porriño. Logo, en Vigo, cruceiro vespertino pola ría, con actuación de folclore galego. Segunda feira, 14. Asemblea xeral da Federación Española de Esperanto. Visita ao mediodía ao Pazo de Castrelos, con recibimento do alcalde. Á tarde, exames de esperanto, conferencia en español de Arturo Moreira e acto de clausura do congreso cantando o himno esperantista La Espero e coa presenza dun representante da Comandancia de Vigo. Alén deste, á mesa presidencial tamén estaban sentados Camilo Veiga Prego, Arturo Moreira, Salvador Oliván Hernando, Xulio Bueno Cortés, Pousa Veloso e o presidente e o secretario da Federación Española de Esperanto. Seguiu unha homenaxe a Salvador Oliván Hernando, pioneiro do esperanto en toda Galiza. Após a actuación folclórica tivo lugar no Gran Hotel Samil o Banquete Oficial (Oficiala Bankedo), que contou coa presenza do representante do comandante de Vigo, o delegado local das Xuventudes e as esposas de ámbolos dous. Terza feira, 15. Excursión dun día a Santiago de Compostela. Na ida visitouse a casa de Rosalía de Castro en Padrón e á volta houbo unha paraxe en Vilagarcía de Arousa e na illa da Toxa.

miniatura|Peche do 32º Congreso Español de Esperanto

O desenvolvemento do congreso ficou como un testemuño do ambiente sociopolítico do momento. As autoridades dos derradeiros anos do franquismo toleraban símbolos esperantistas (o himno, cantado nunha lingua que non era a única oficial por entón, o español; a bandeira) e galegos (a bandeira). Asistiron a eventos solemnes como a inauguración e a clausura do congreso, en que se cantou o himno La espero. A igrexa católica, oficial, tamén xogaba un papel importante. Durante o congreso tiveron lugar dúas misas, unha en esperanto e outra en español (sete anos antes, o 25 de xullo de 1965, o padre Xaime Seixas celebrara a primeira misa en galego despois da guerra, rompendo co uso exclusivo do español nos oficios relixiosos). Naquela altura aínda se permitía a caza das baleas.

Medio ano despois, o 16 de xaneiro de 1973, foi fundado formalmente o grupo esperantista vigués Paco kaj Amo, con sede no quinto andar do Círculo Cultural Mercantil (Rúa do Príncipe, 44). Para iso os esperantistas vigueses reuníronse alí e compuxeron a seguinte directiva: Presidente honorario vitalicio: Camilo Veiga Prego Presidente: Arturo Moreira Lorenzo Vicepresidente: Xulio Bueno Cortés Secretario: José Carlos Quintas Montero Vicesecretaria: María Elvira Marta Álvarez Iglesias Caixeiro: Celestino Pousa Veloso Vicecaixeiro: Francisco Martínez Iglesias Vogais: Jaime Canoa González, María del Pilar Montenegro Sanjurjo, Amalia Salgado González e Emilio Freitas Vidal.

Camilo Veiga Prego agradeceu o honor e gabou a todos os esperantistas-- (1973): Boletín nº 195, xaneiro-febreiro 1973, Zaragoza: Hispana Esperanto-Federacio, p. 8.

Contactos transfronteirizos O 12 e 13 de outubro de 1974 aconteceu o primeiro encontro galego-portugués no Porto, organizado pola comunidade esperantista daquela cidade e polo grupo esperantista vigués Paco kaj Amo. O xornal "O Comércio do Porto" publicou unha foto da xuntanza, cuxa nota a rodapé dicía:

"Esteve no Porto o grupo esperantista "Paco kay Amo" (sic), constituído por quarenta pessoas, que aqui vieram a convite dos esperantistas desta cidade. Na tarde de sábado, foram-lhes dadas as boas-vindas numa das salas da Associacão Cristã da Mocidade, tendo o presidente do grupo retribuído a saudação e manifestado o desejo de que iniciativas destas se repitam entre os dois povos amigos. (...) No domingo, de manhã, foi proporcionada aos visitantes a visita a uma "cave" de Gaia, onde lhes foi dado apreciar o vinho do Porto, dali seguindo para a Foz do Douro, tendo visitado o curso em funcionamento na Cooperativa local, com cujos participantes se deixaram fotografar junto à praia. Em 15 de Dezembro, data do nascimento de Zamenhof, o curso da Foz do Douro irá a Vigo a convite do grupo "Paco kay Amo" (sic), sendo os participantes infantis hóspedes dos esperantistas daquela cidade galega.

Assim se consolida a amizade entre os povos.-- (1974): O Comércio do Porto, Porto, 18 de decembro de 1974, xornal.

Na verdade a excursión de Vigo estaba composta non só de esperantistas senón tamén de simpatizantes, e segundo unha nota publicada en Boletín, Paco kaj Amo inaugurou con aquela viaxe o curso 1974-75, cuxa planificación foi preparada coidadosamente-- (1974): Boletín nº 206, novembro-decembro 1974, Zaragoza: Hispana Esperanto-Federacio, p. 19. Os contactos e relacións case familiares cos portugueses do norte botaron raíz e prolongáronse durante os anos seguintes.

Aquela prometida visita do grupo portuense a Vigo foi realizada en decembro do mesmo ano, en ocasión do Día de Zamenhof. O sábado 14 de decembro Paco kaj Amo inaugurou unha exposición sobre o esperanto no Salón Rexio do Círculo Mercantil, que se estendeu até o día 19. No mesmo día ás 8 da tarde o presidente da Federación Esperantista Española (HEF), Ángel Figuerola Auque, deu unha conferencia en castelán, lendo os seus apuntamentos en braille acerca da "Posición do esperanto entre os inventos sociais do noso tempo e personalidade do seu creador". O abundante público aplaudiu emocionado. A seguir Figuerola Auque entregou a Camilo Veiga Prego, presidente do Círculo Mercantil, un diploma mediante o cal HEF o nomeaba membro honorario. Este respondeu con conmovedoras palabras e agradeceu a todos os esperantistas. No día seguinte, o domingo 15, chegou o grupo portugués, corenta e dúas persoas en total, das cales quince eran alumnos do curso de esperanto da Foz do Douro. Após a visita á exposición os membros de Paco kaj Amo mostraron Vigo aos seus hóspedes e logo todos se volveron reunir no Círculo Mercantil perante o público xeral. Os xornais e Radio Vigo informaron do acontecemento.