Zonas húmidas, costas e bosques combínanse en Urdaibai e dan lugar a un dos espazos naturais de maior valor ecolóxico do País Vasco. O esteiro fórmase pola confluencia do río Oka e o Mar Cantábrico, e coñécese polo nome de Esteiro ou Ría de Urdaibai.
A desembocadura do río anégase cada doce horas pola preamar, axudando ó deposito de sedimentos no fondo e nas beiras costeiras (especialmente na marxe dereita do estuario, xa que o mar golpea dende o noroeste).
Debido a todo isto a zona presenta unha gran variedade de hábitats, dende praias ata marismas, pasando por terreos lamacentos.
Flora
A especie arbórea máis estendida é a aciñeira cantábrica (Quercus ilex ssp. ilex) cun sotobosco formado por érbedo, alaterno e os máis escasos lentiscos verdadeiros (pistacia lentiscus). Nas áreas da marisma viven diversas especies halófilas coma o verdello (Salicornia ramosissima), suaeda marítima e spartina. Nos areais costeiros atópamos as especies coma as leiterenas. O Tamarix canariensis é común na zona.
Fauna
Entre os mamíferos salientar a presenza do visón europeo, especie ameazada que incrementa a importancia desta reserva da biosfera. Nas costas rochosas cría a gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado, namentres que nos areais atopamos a píllara das dunas. Unha gran variedade de aves visitan o parque no pasos migratorios, nas que se poden observar, a Gabita, as aguias pescadoras, os Cullereiros ou o Mazarico real (a limícola de maior tamaño). Tamén están presentes diversos tipos de Ánsares: en dirección norte na primavera, e cara ao sur no outono. No verán de 2015, confirmouse a observación dunha aguia pescadora. Varios exemplares, orixinarias de Escocia, desta especie liberáranse no parque natural para a súa reintrodución. Este programa fóra dirixido pola Sociedade de Ciencias Aranzadi.
Entre os anfibios e os réptiles citar a ra patilonga ou a serpe de esculapio.
Entre os peixes atopamos especies adaptadas ós diferendes graos de salindade. A anguía, o sargo, ou crustáceos coma a esquía son exemplos destas especies.
Notas
Urdaibai Categoría:Gernika-Lumo