O termo corredor pódese referir a:
Arquitectura Corredor, espazo exterior dunha casa, cuberto polo tellado e con varanda pola parte de fóra, que percorre a fachada principal, semellante a un balcón menos desenvolvido ca unha solaina ou unha galería. corredor vasariano, corredor elevado en Florencia que liga o Palacio Vecchio co Palacio Pitti. Corredor, paso ou espazo máis ou menos estreito e longo que comunica as distintas pezas dunha casa ou as vivendas dun edificio, andadeiro. corredor da morte, nome que se lle dá á cela dos condenados a morte.
Náutica Corredor, parte lateral da cuberta dunha embarcación, que vai de proa a popa, pola que se pode transitar.
Profesións corretor de seguros, persoa que actúa como intermediario nunha operación comercial. Corretor de bolsa. Corretor de comercio. Corretor de seguros. corretor de apostas, persoa ou organización que acepta apostas en eventos corredor, persoa que participa nunha carreira deportiva.
Bioloxía Animal, en particular ave, que ten aptitudes para correr, como a avestruz ou o kiwi. corredor biolóxico área utilizada para realizar unha rexeneración ou recuperación das zonas de amortecemento de grandes extensións de bosques ou fragas.
Transporte corredor ferroviario, liña do camiño de ferro que comunica dous territorios. corredor ferroviario mediterráneo, o que une a costa mediterránea no leste de España.
Territorio Corredor del Henares, territorio situado nas comunidades de Madrid e Castela-A Mancha próximo á veiga do río Henares (afluente do Jarama). corredor de Wakhan, estreito corredor da Provincia de Badajšán no Afganistán; corredor de Siliguri, pequena extensión de terra que liga os estados do nordés da India co resto do territorio; corredor dos tornados, vasta área na parte central dos Estados Unidos que ten as mellores condicións para a formación de tornados; corredor de Atacama, extensión de territorio que conectaba Bolivia co mar; corredor polonés, denominación do territorio que ligaba a Segunda República Polonesa co mar.
LiteraturaCorredores de sombra'', libro de Agustín Fernández Paz publicado en 2006 por Edicións Xerais.
Véxase tamén Corredoira.