¡Non máis emigración! é unha zarzuela con música do compositor galego Felisindo Rego e libreto en galego de Ramón Armada Teixeiro adaptada da peza teatral homónima de Ramón Armada. Foi estreada o 10 de abril de 1886Javier Jurado na súa tese data a estrea no 29 de agosto de 1886, en Las zarzuelas del galleguismo, publicado en El País. no Teatro Tacón (actualmente Gran Teatro da Habana). Destaca por ser a primeira zarzuela en lingua galega e a primeira obra en galego representada fóra de Galiza. Actualmente a partitura da obra non está localizada.

Historia miniatura|¡Non máis emigración!, 1886 segunda edición. En 1885 o escritor galego Ramón Armada Teixeiro publicou na Habana a súa peza teatral Non máis emigración. O 10 de agosto do ano seguinte estreouse no Teatro Tacón da capital cubana unha segunda edición da peza con música do compositor galego Felisindo Rego a xeito de zarzuela.

No seu tempo foi moi ben vista pola meirande parte dos intelectuais, como mostran as boas críticas recibidas. As poucas críticas negativas colleitadas pola obra facían referencia ao escaso impacto que lle auguraron á súa mensaxe antiemigracionista, oscilando entre o escepticismo duns:Juicio de la prensa

E o pensamento de que o intento era nulo doutros:

A obra pon de manifesto e expresa o seu total desacordo cun un dos problemas do momento, a emigración, que foi o tema principal da obra de Armada Teixeiro, enmascarado a través da historia de amor de Xan e Marica e das falcatruadas de Farruco, o cal ofrece unha visión que moitas veces foi rebatida pola crítica. A obra non amosa as experiencias persoais de Ramón Armada, que viviu de cerca de experiencia doutros galegos aveciñados na Illa.

Argumento Na obra preséntase a vida cotiá dos galegos emigrados en Cuba e outros lugares de América. Conta a historia dun rapaz namorado que decide marchar de Galiza para facer as américas. Porén, ao chegar á outra beira do Atlántico descobre a miseria e as penas, o lado escuro do soño latinoamericano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Diáspora galega O zoqueiro de Vilaboa A lenda de Montelongo

Ligazóns externas ¡Non máis emigración na Biblioteca Virtual da Real Academia Galega

Non mais emigracion Categoría:Diáspora galega Categoría:Obras de teatro en galego