dereita|miniatura|Inscrición relativa ao bispo Plácido Rey na igrexa parroquial de Barazón (Santiso). Plácido Ángel Rey Lemos, coñecido como El Mella Franciscano e Fray Plácido, nado en Lugo o 30 de outubro de 1867 e finado en Éibar o 12 de febreiro de 1941, foi un relixioso galego, bispo de Lugo entre 1919 e 1927. Traxectoria Fixo os seus estudos no Instituto de Lugo e ingresou no Seminario en 1885. Foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1890. Inicialmente ingresou no novizado da orde beneditina no mosteiro de Samos en 1891, mais finalmente profesou como franciscano no colexio de Compostela en 1896. Foi director de El Eco Franciscano. En 1906 marchou a Roma onde foi nomeado procurador xeral en 1911. O 18 de xaneiro de 1917 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Xaén e bispo titular Hamatha, por mor da grave doenza do bispo Juan Manuel Sanz Saravia que lle impedía gobernar a súa diocese. Recibiu a consagración episcopal o 25 de febreiro de mans do cardeal Rafael Merry del Val, e tendo como co-consagrantes ao bispo de Tui Leopoldo Eijo Garay e ao bispo de Urgell Joan Benlloch i Vivó.
O 18 de decembro de 1919 foi nomeado bispo de Lugo, e tomou posesión da sé o 11 de xuño de 1920. Foi senador polo arcebispado de Granada (1919-1920) e pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela (1921-1922).
Promoveu o culto eucarístico co Centro Eucarístico Diocesano e a Adoración Nocturna. Puxo en marcha a Editorial católica lucense e impulsou o periódico La Voz de la Verdad. Sintonizou coas institucións sociais que puxo en marcha a Igrexa española: O Consello Nacional de Organizacións católico-obreiras, a Acción católica, a Confederación Nacional de Obreiros Católicos e a Confederación Nacional Católico-Agraria. En 1927 viaxa a Roma para a visita ad limina e ao rematar o despacho co papa Pío XI decidiu non volver poñer os pés en Lugo. Foi nomeado arcebispo titular de Pelusium.
Obras Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco, 1897. Instituciones Philosophiae Christianae, 1893 El Terciario Franciscano 1872-1897, 1893. La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...), 1897. Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela, 1897. La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones, 1901. Instrución pastoral sobre la sagrada predicación, 1918.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Bispos da diocese de Lugo Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Franciscanos de España