Manuel Basulto Jiménez, nado en Adanero (Ávila) o 17 de maio de 1869 e finado en El Pozo del Tío Raimundo (Madrid) o 12 de agosto de 1936, foi un prelado español e bispo de Xaén e Lugo. Foi un dos trece bispos asasinados polo bando republicano durante a Guerra Civil Española. Traxectoria Fillo dun muiñeiro, realizou os seus estudos eclesiásticos na diocese de Ávila, e foi ordenado presbítero en 1892. Licenciouse en Dereito na Universidade de Valladolid. Foi cóengo maxistral de León e lectoral de Madrid. En 1909 foi elixido bispo de Lugo, e consagrado o 16 de xaneiro de 1910 polo nuncio Antonio Vico na igrexa dos Padres Paúles de Madrid. Foi nomeado senador en 1916.

En 1919 Bieito XV nomeouno bispo de Xaén, diocese da que tomou posesión por poderes o 14 de xuño de 1920, celebrando a súa primeira misa o 29 de xuño. No seu escudo rezaba o lema: Quien a Dios tiene, nada le falta.

Martirio O 2 de agosto de 1936 foi detido no seu domicilio do palacio episcopal xunto coa súa irmá Teresa Basulto e o esposo desta, Mariano Martín, así como o deán da catedral, Félix Pérez Portela. Encarcerado na catedral de Xaén, o 11 de agosto foi incluído na segunda expedición de “Trens da morte” que partiu de Xaén con destino á prisión de Alcalá de Henares. Esta expedición foi asaltada na estación de Santa Catalina (Madrid), e desviada. O bispo e 190 presos máis foron metrallados, e os seus cadáveres saqueados.

Dous dos superviventes, dixeron que o bispo caeu de xeonllos, exclamando:

Está enterrado na cripta da igrexa do Sagrario da Catedral de Xaén.

Proceso de beatificación O 21 de xuño de 2010 a Congregación para as Causas dos Santos aprobou o carácter martirial da morte do bispo e os seus cinco compañeiros de martirio.Monseñor Basulto, obispo de Jaen, un paso más cercano a los altaresMártires de la persecución religiosa durante la Guerra Civil Española

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mártires do século XX en España Bibliografía Cárcel Ortí, Vicente (2000): La gran persecución: España, 1931-1939 Barcelona, Planeta. ISBN 84-08-03519-3 Montero Moreno, Antonio (1999 ): Historia de la persecución religiosa en España, 1936-1939. Madrid, Edicionas Católicas. ISBN 84-7914-383-5 Redondo, Gonzalo (1993): Historia de la Iglesia en España, 1931-1939, en dos tomos. Madrid, Ediciones Rialp. ISBN 84-321-2984-4

Categoría:Bispos da diocese de Lugo Categoría:Nados en Adanero Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos da Igrexa católica latina