Jean Negulesco ou Jean Negulescu, nado o 26 de febreiro de 1900 en Craiova, (Romanía) e finado o 18 de xullo de 1993 en Marbella (España), foi un director e guionista de cine de orixe romanés.

Traxectoria Nado en Romanía trasladouse en 1915 a Viena e catro anos despois a Bucarest onde comezou a adicarse á pintura e incluso chegou a traballar como decorador de escenarios en París.

En 1927 trasladouse a Nova York co gallo dunha exposición da súa obra e quedou a vivir alí.

No ano 1934 comezou a traballar na industria do cine, primeiro coma artista de sketches e máis tarde coma produtor executivo. Poucos anos despois comezou a súa carreira de director e guionista.

A primeira película que dirixiu foi Singapore Woman no ano 1941.

En 1948 foi nomeado aos Premios Oscar por Belinda. Non gañaría a estatuilla, porén si a acadaría a actriz protagonista do filme, Jane Wyman.

En 1955 gañou o Premio BAFTA á mellor película por Cómo casarse con un millonario, con Marilyn Monroe e Lauren Bacall.

A finais da década de 1960 trasladouse a vivir a Marbella, onde morreu a causa dun infarto.

Escribiu unha autobiografía titulada Thins I did and things I thing I did.

Filmografía

Singapore Woman (1941) The Mask of Dimitrios (1944) The Conspirators (1944) Three Strangers (1946) Nobody Lives Forever (1946) Humoresque (1946) Deep Valley (1947) Road House (1948) Johnny Belinda (1948) The Forbidden Street (1949) Under My Skin (1950) Three Came Home (1950) Take Care of My Little Girl (1951) The Mudlark (1951) Lydia Bailey (1952) Lure of the Wilderness (1952) Phone Call from a Stranger (1952) Scandal at Scourie (1953) Titanic (1953) How to Marry a Millionaire (1953) Three Coins in the Fountain (1954) Woman's World (1954) The Rains of Ranchipur (1955) Papá pernas longas (1955) The Dark Wave (1956) A serea e o delfín (1957) A Certain Smile (1958) The Gift of Love (1958) Count Your Blessings (1959) The Best of Everything (1959) Jessica (1962) The Pleasure Seekers (1964) Hello-Goodbye (1970) The Invincible Six (1970)

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Directores de cinema de Romanía Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1993