Aadukalam (en ) é un filme indio de 2011 rodado en lingua támil, escrito e dirixido por Vetrimaran e protagonizado por Dhanush, Taapsee Pannu, V. I. S. Jayabalan e Kishore. A súa estrea foi o 14 de xaneiro de 2011 con críticas moi positivas. Gañou seis premios nos National Film Awards, entre eles ao do mellor director, mellor actor e mellor guión e cinco no Filmfare Awards South, entre eles o mellor filme, mellor director e mellor actor. O filme sitúase na localidade de Madurai onde as pelexas de galos son máis ca unha tradición, constitúen a forma de vida para xente como Pettaikaaran e Rathnaswamy, competidores habituais.

Personaxes

Dhanush como K. P. Karuppu Taapsee Pannu como Irene Claude Kishore como Durai V. I. S. Jayapalan como Periyasamy/Pettaikaran Naren como Rathnasamy Murugadoss como Oole Meenal como Meena Sendrayan como Nicholas Periya Karuppu Thevar como Ayub Jayaprakash como parente de Irene Dinesh Ravi como Dinesh Halwa Vasu como Speaker Munnar Ramesh como man dereita de Rathnasamy Velraj como inspector de policía

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua támil Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Vetrimaaran