Senén Barro Ameneiro, nado o 21 de novembro de 1962 nas Pontes de García Rodríguez é un físico e profesor universitario galego.
Traxectoria Obtivo a licenciatura e doutoramento en Física pola USC. Na actualidade é catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial dende 1995.
Foi director do Departamento de Electrónica e Computación da USC entre 1993 e 2002. Tamén desempeñou a función de Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asumindo o cargo o 17 de xuño de 2002 e sendo relevado por Juan Casares Long no ano 2010.
Na actualidade é investigador colaborador e investigador responsabel de numerosos proxectos e contratos de investigación, internacionais na Unión Europea, estatais e nacionais e director científico de CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela).
Realizou estancias de investigación no Royal Free Hospital, Department of Medical Informatics, en Londres, Universidade de Maryland, Electrical Engineering Department, EUA, Universidade de California, Berkeley, Department of Electrical Engineering and Computer Sciences, EUA, Universidade de Bristol, Department of Engineering Mathematics, Gran Bretaña.
Participou nun gran número de congresos como membro de comités de organización e científicos: ‘International Workshop on Artificial Neural Networks, Congreso Español sobre Tecnologías y Lógica Fuzzy’, Conferencia de la Asociación Española para la Inteligencia Artificial, International Conference on Industrial & Engineering Applications of Artificial Intelligence & Expert Systems. É revisor de traballos de investigación en moitas revistas: IEEE Proceedings,; IEEE Transactions on Biomedical Engineering, IEEE Transactions on Circuits and Systems, IEEE Transactions on Fuzzy Systems, IEEE Transactions on Information Technology in Biomedicine (Editor Asociado), IEEE Transactions on Neural Networks,; IEEE Transactions on Nuclear Science, IEEE Transactions on Systems, Man, and Cybernetics, Journal of Intelligent and Fuzzy Systems, Fuzzy Sets and Systems. É membro do comité editorial das revistas Mathware & Soft-computing, Inteligencia Artificial e Revista Galega de Economía.
É autor de máis de 300 artigos científicos e máis de 500 de divulgación e opinión en medios de comunicación. Socio fundador das spin- off SITUM Technologies e InVerbis. Membro da Real Academia Galega de Ciencias. Premio Nacional de Informática José García Santesmases 2020.
É Copresidente da International Conference on Artificial Neural Networks (ICANN 2002) e membro do comité científico do European Center for SoftComputing, é académico correspondente por Galicia da Reial Acadèmia de Doctors, ademais de doutor Honoris Causa pola Universidad Nacional San Luis Gonzaga de Ica (Perú).
Entre os proxectos máis importantes que dirixe están: NL4XAI, unha rede europea para a formación de investigadores en IA explicable; o proxecto Nós, para o desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas para o galego; e a Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina de Precisión Personalizada.
Principais obras
Catálogo de objetivos e indicadores TIC del sistema universitario español (2006). Conferencia de Reitores das Universidades Españolas. ISBN 978-84-932783-8-0. Poden pensar as máquinas? (2026). Santiago: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-90-2.
Obras colectivas SA/5-Advances in Fuzzy Logic (1980). Con Alberto Bugarín e Alejandro Sobrino. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 978-84-8121-673-8. Advances in Fuzzy Logic (1988). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico = Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-8121-673-9. Estudios de Lógica Borrosa y sus Aplicaciones (1993). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico = Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-8121-018-8. Computación Neuronal (1995). Con José Mira. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 978-84-8121-355-3. Fronteras de la computación (2002). Con Alberto Bugarín Diz. ISBN 978-8479785178. Medicina e humanismo: homenaxe a Domingo García-Sabell (2003). USC: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións.
Las tecnologías de la información y las comunicaciones en el sistema universitario español (2004). Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas. Con Sara Fernández López. Las TIC en el sistema universitario español (2008). Con Javier Uceda Antolín. Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas. ISBN 978-84-935509-1-2. Evolución de las TIC en el sistema universitario español 2006-2010 (2010). Con Javier Uceda Antolín. Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas. ISBN 978-84-935509-6-7. Fuzzy Logic in Medicine (2010). Softcover reprint of hardcover 1st ed. 2002. ISBN 978-3790824988. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía Entrevista a Senén Barro
Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias