Salah Mejri, nado o 15 de xuño de 1986 en Jendouba, é un xogador profesional de baloncesto tunisiano. Cunha estatura de 2,17 metros xoga na posición de pivote.

Traxectoria En agosto de 2012, Mejri asinou co Obradoiro CAB da Liga ACB. Ó remate da súa tempada en Santiago de Compostela, foi elixido coma o xogador revelación da tempada 2012-13.

O 8 de xullo de 2013, Mejri asinou co Real Madrid.

O 30 de xullo de 2015, Mejri asinou cos Dallas Mavericks. Asinou de novo cos Mavericks o 3 de agosto de 2018. O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Mavs.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Tunisia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Tunisia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do Antwerp Giants Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012