Manuel Gallego Durán "O Buzo", nado en Mugardos e finado no mesmo concello o 8 de agosto de 1936, foi un mergullador galego.

Traxectoria Militante do Partido Republicano Radical Socialista. Foi asasinado en Mugardos xunto co seu irmán Antonio Gallego Durán o 8 de agosto de 1936 cando tiña 42 anos. O seu cadáver apareceu no lugar da Igrexa da parroquia de Piñeiro.

Foi pai de Clementina (1917-2003), Josefa (1919-2005), María de los Remedios (1928-1962), Juan e Guillermo Gallego Abeledo (1935-2014). A súa familia recibiu o alcume "Os Buzos", debido á súa profesión como mergullador.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido