é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 23 de abril do 1998.
En galego, estreouse na TVG o 26 de decembro do 2012.
Sinopse A historia acontece nun restaurante futurista baixo a auga, chamado Aqua Crystal, que semella unha base espacial. Os homes e muller que se citaron neste local son, desde unha fermosa modelo ata un presentador de televisión, mesmo o célebre e sobranceiro Detective Conan.
Cando gozan dun exquisito e delicioso viño tinto, os comensais do restaurante descoñecen que as súas vidas están en perigo e ameazadas por un asasino en serie. Este malvado asasino psicópata cumpre o seu plan de maneira fría e ordenada. Despois de cada crime, deixa unha carta da baralla preto do corpo, cuxo número sempre coincide co nome da vítima.
Con este asasino tolo solto e sen ninguén que o poida prender, parece que ninguén pode fuxir desta situación tan perigosa. De súpeto, danse de conta de que están atrapados nunha cova submarina do terror, con todas as portas bloqueadas e sen posibilidades de escapatoria. Todo depende do famoso detective Conan, resolver o caso tan rápido como poida e rescatar todas as persoas nerviosas desta situación mortal e perigosa.
Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2012. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OhtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiAxente ShiratoriMonti CastiñeirasKaneto ShiozawaEri KisakiCharo PenaGara TakashimaJoe MurakamiAntón RubalEichiro SuzukiMinoru Nishina Óscar FernándezHirotaka SuzuokiPeter Ford Antón CancelasAndy HolyFieldEimei ShishidoAndrés BellasKenji UtsumiNana OsanaiBeatriz GarcíaMaya OkamotoKohei Sawaki Tacho GonzálezRyusei NakaoHiroki TsujiAntón OlmosTakashi TaniguchiTowako OkanoNora AbadMiyuki IchijoXornalista Ana LemosYuko NagashimaAcompañante 1 Nora AbadYasuyo UnabaraAcompañante 2Ana LemosTomoko UnabaraMidori Kuriyama Nora AbadAsako DodoCirurxiánManolo PombalIsshin ChibaPiloto do helicópteroManolo Pombal?
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Shōjo no Koro ni Modotta Mitai ni" ("Coma cando era unha nena pequena"), interpretada por ZARD. Na dobraxe en galego deixouse unha versión instrumental do tema.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 1999.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes de 1998 con versión en galego