Renovación foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1926 e 1929.
Historia e características Subtitulado Órgano de la Unión Patriótica en este Partido, apareceu en xaneiro de 1926. Voceiro da Unión Patriótica, saía os sábados. Estivo dirixido por Leonardo Rivas Díaz e Jorge González-Redondo Serrano, e entre os seus colaboradores figurou Xosé Trapero Pardo. Incluíu algúns textos literarios. Cesou a súa edición co número 182, o 31 de agosto de 1929.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:Prensa da Unión Patriótica Categoría:1926 en Galicia