San Salvador de Pazos de Arenteiro é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Sitúase na confluencia dos dous ríos máis coñecidos da comarca, o Avia e o Arenteiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (52 homes e 71 mulleres).

Patrimonio O topónimo dá conta do gran número de pazos que hai na zona. Outra das construcións emblemáticas do lugar é a ponte da Cruz, de orixe medieval, sobre o río Avia. Malia atoparse medio derruída, aínda permite apreciar o esplendor do que nun tempo foi. Salientable é tamén a igrexa de San Salvador, do século XIII, así como as diferentes rutas de sendeirismo, ou o pozo dos Fumes no río Arenteiro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Pazos de Arenteiro

Parroquias de Boborás

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boborás

Categoría:Parroquias de Boborás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador