A Nosa Terra foi un periódico que se editou na Coruña entre 1907 e 1908.

Histroia e características

Voceiro de Solidaridad Gallega, fundouse por iniciativa de Rodrigo Sanz, Manuel Murguía, Manuel Lugrís Freire e Florencio Vaamonde Lores. O primeiro número saíu o 4 de agosto de 1907, dirixíao Uxío Carré Aldao. Foi unha publicación bilingüe, na que predominaba o uso do castelán e que reservaba o galego para os espazos de creación literaria. Mantívose ata outubro de 1908, en total saíron 60 números. Entre os colaboradores estivo Eladio Rodríguez González.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Revista Gallega

Categoría:Prensa escrita de Galicia Categoría:1907 en Galicia Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos