Benito García Dorgambide, nado en Baión (Vilanova de Arousa) o 28 de maio de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1991,La Voz de Galicia, 13-2-1991, p. 54. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola USC. Exerceu como avogado en Vilagarcía de Arousa. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Popular en Galicia en 1971, do que foi secretario provincial de Pontevedra. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE.

Vida persoal

Casou con María Dolores Giménez Pérez Galdós e foi pai da tamén política Dolores García Giménez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Vilanova de Arousa Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia