O dous (2) é o número natural que segue o un e precede o tres.

2 é o primeiro número primo, e é o único que é par. O seguinte é 3. É o primeiro número primo de Sophie Germain.

Na cultura humana

A dualidade de todas as cousas é unha noción importante na maioría das culturas e relixións. A máis común dicotomía filosófica talvez sexa aquela que opón o ben e o mal, mais hai moitas outras. Na dialéctica hegelliana, o proceso de antítese cría dúas perspectivas a partir dunha.

Dous (二, èr) é un bo número na cultura da China. Hai un proverbio chinés que di que "as boas cousas veñen a pares". É común usar símbolos duplos en marcas de produtos. O pobo cantonés gosta do número dous porque a palabra cantonesa correspondente soa parecida á palabra relacionada á "facilidade" (易) naquela lingua.

Na Finlandia, dúas candeas son acesas no Día da Independencia. Colocalas no peitoril da fiestra evoca o significado simbólico da división, que consecuentemente significa independencia.

Na filosofía de Pitágoras, a díade é a segunda cousa criada.

Entre as palabras que poden ser usadas como sinónimos ou para se referir ao número dous inclúen par, dueto, xemelgos.

Categoría:Números enteiros