miniatura|dereita|200px|Pierre de Fermat O Último teorema de Fermat, ou teorema de Fermat-Wiles, afirma que non existe ningún conxunto de enteiros positivos , , e con maior que 2 que satisfaga .Singh, pp. 18–20 (Para os primeiros valores de existe unha infinidade de solucións: o caso é evidente, o caso admite, entre outras, a solución clásica 42 + 32 = 52 e utiliza o método do círculo).

Historia e características O teorema debe o seu nome a Pierre de Fermat, que escribiu ás marxes dunha tradución de Arithmetica de Diofanto, ao lado do enunciado deste problema: J'ai découvert une preuve tout á fait remarcable, máis la marge est trop petite pour l'écrire. Atopei unha proba absolutamente remarcábel, mais a marxe é pequena demais para escribila.

Despois de ter sido obxecto de fervorosas investigacións durante máis de 300 anos (esa nota insinuaba que unha demostración elementar era posíbel, o que atizou a curiosidade de todos), foi finalmente demostrado en 1994 polo matemático británico Andrew Wiles. A gran maioría dos matemáticos pensan hoxe que Fermat estaba enganado: a proba (retraballada desde entón) utiliza ferramentas matemáticas bastante elaboradas da Teoría dos números, ferramentas que aínda non existían na época en que viviu Fermat.

Máis precisamente, Wiles probou a conxectura de Shimura-Taniyama-Weil, pois sabíase xa había algún tempo que ela implicaba o teorema. A proba utiliza as formas modulares e as representacións galoisianas (de Évariste Galois, matemático francés).

Este teorema non ten aplicación ningunha per se: ten un valor importante, no entanto, debido ás ideas e ás ferramentas matemáticas que foron inventadas e desenvolvidas para probalo.

Pódese entender este teorema graficamente considerándose a curva da ecuación  xn + yn = 1 : se n > 2, esa curva non pasa por ningún punto con coordenadas racionais diferentes de cero.

Observación Sendo costume que se dea a un teorema o nome daquel que fixo a súa demostración, o título «teorema de Fermat» pode non ser apropiado. Deberíase falar ou dunha conxectura de Fermat ou do teorema de Wiles.

O Último Teorema de Fermat e a Literatura Propiciando notábeis avances en varios ramos da matemática, a saga de 359 anos de tentativas, erros e acertos está admirabelmente descrita no libro Fermat's Last Theorem, do autor británico Simon Singh, con 300 páxinas.

Visión xeral Orixes pitagóricas A Ecuación de Pitágoras, , ten un número infinito de solucións enteiras positivas para x, y e z; estas solucións coñécense como ternas pitagóricas (sendo o exemplo máis sinxelo 3, 4, 5). Ao redor de 1637, Fermat escribiu na marxe dun libro que a ecuación máis xeral non tiña solucións en números enteiros positivos se n é un número enteiro maior que 2. Aínda que el afirmou ter unha proba xeral da súa conxectura, Fermat non deixou detalles da súa proba, e nunca se atopou ningunha. A súa afirmación foi descuberta uns 30 anos despois, despois da súa morte. Esta afirmación, que chegou a ser coñecida como Último teorema de Fermat, permaneceu sen resolver durante os seguintes tres séculos e medio.

A afirmación finalmente converteuse nun dos problemas de matemáticas sen resolver máis notables. Os intentos de demostralo provocaron un desenvolvemento substancial na teoría dos números, e co paso do tempo o Último Teorema de Fermat gañou protagonismo como problema non resolvido en matemáticas.

Enunciados equivalentes do teorema Hai varias formas alternativas de enunciar o último teorema de Fermat que son matematicamente equivalentes ao enunciado orixinal do problema.

Para enuncialos empregamos as seguintes notacións: sexa o conxunto de números naturais 1, 2, 3, ..., sexa o conxunto de números enteiros 0, ±1, ±2, ..., e sexa o conxunto de números racionais , onde e están en con . No que segue chamaremos unha solución a onde se un ou máis de , ou son cero temos unha solución trivial. Unha solución na que os tres sexan diferentes de cero chamarase solución non trivial.

Por motivos de comparación comezamos coa formulación orixinal. Declaración orixinal. Con , , , ∈ (que significa que n, x, y, z son todos números enteiros positivos) e , a ecuación non ten solucións. Enunciado equivalente 1: , onde o número enteiro ≥ 3, non ten solucións non triviais , , ∈ .

A equivalencia é clara se é par. Se é impar e os tres son negativos, sempre se pode facer a sustititución polo valor negativo da variábel e reorganizar a ecuación para obter a orixinal.

Enunciado equivalente 2: , onde o número enteiro , non ten solucións non triviais .

Isto débese a que os expoñentes de e son iguais, polo que se hai unha solución en , entón pódese multiplicar por un denominador común apropiado para obter unha solución en , e polo tanto en .

Enunciado equivalente 3: , onde o número enteiro , non ten solucións non triviais .

Unha solución non trivial , , ∈ de dá a solución non trivial , ∈ para . Pola contra, unha solución , ∈ a produce a solución non trivial para .

Esta última formulación resulta especialmente fructífera, porque reduce o problema dun problema de superficies en tres dimensións a un problema de curvas en dúas dimensións. A maiores, permite traballar sobre o corpo , en lugar de sobre o anel ; Os corpos presentan máis estrutura que os aneis, o que permite unha análise máis profunda dos seus elementos.

Enunciado equivalente 4: conexión con curvas elípticas: Se , , é unha solución non trivial de , primo impar, logo (curva de Frey) será unha curva elíptica sen forma modular.

Examinando esta curva elíptica co teorema de Ribet móstrase que non ten unha forma modular. No entanto, a demostración de Andrew Wiles demostra que calquera ecuación da forma ten unha forma modular. Calquera solución non trivial para (con un primo impar) polo tanto, crearía unha contradición, que á súa vez demostra que non existen solucións non triviais.

O descubrimento desta afirmación equivalente foi crucial para a solución final do Último Teorema de Fermat, xa que proporcionaba un medio polo cal podía ser "atacado" para todos os números á vez.

Camiño da solución Os primeiros avances modernos Sophie Germain A principios do século XIX, Sophie Germain desenvolveu varias novas aproximacións para demostrar o último teorema de Fermat para todos os expoñentes. En primeiro lugar, definiu un conxunto de números primos auxiliares θ construídos a partir do expoñente primo p pola ecuación , onde h é calquera número enteiro non divisíbel por tres. Mostrou que, se ningún enteiro elevado á potencia p-ésima era adxacente ao módulo θ (a condición de non-consecutividade), entón θ debe dividir o produto xyz. O seu obxectivo era usar a indución matemática para demostrar que, para calquera p dado, habería infinitos números primos auxiliares θ que satisfarían a condición de non-consecutividade e, polo tanto, dividirían xyz; xa que o produto xyz pode ter como máximo un número finito de factores primos, tal proba estabelecería o último teorema de Fermat. Como subproduto deste traballo, probou o teorema de Sophie Germain, que verifica o primeiro caso do Último Teorema de Fermat (é dicir, o caso no que p non divide xyz) para cada expoñente primo impar menor de 270, e para todos os primos p tal que polo menos un de , , , , e son primos (especialmente, os primos p tal que son primos chámanse primos seguros ou primos de Sophie Germain).

Ernst Kummer e a teoría dos ideais En 1847, Gabriel Lamé describiu unha demostración do último teorema de Fermat baseada na factorización da ecuación en número complexos, concretamente o corpo ciclotómico baseado nas raíces do número 1. A súa demostración fracasou, con todo, porque asumiu incorrectamente que eses números complexos poden ter unha factorización única en números primos semellante aos enteiros. Esta lagoa foi sinalada inmediatamente por Joseph Liouville, quen máis tarde leu un artigo que demostraba este fracaso da factorización única escrito por Ernst Kummer.

Kummer púxose a tarefa de determinar se o corpo ciclotómico podería xeneralizarse para incluír novos números primos de tal xeito que se restaurase a factorización única. Nesa tarefa tivo éxito desenvolvendo os números ideais.

Usando o enfoque xeral delineado por Lamé, Kummer probou os dous casos do último teorema de Fermat para todos os números primos regulares (os primos regulares son primos que non dividen os numeradores dos números de Bernoulli). Porén, non puido demostrar o teorema dos primos excepcionais (primos irregulares) que conxecturalmente ocorren aproximadamente o 39% das veces; os únicos primos irregulares inferiores a 270 son 37, 59, 67, 101, 103, 131, 149, 157, 233, 257 e 263.

Conxectura de Mordell Na década de 1920, Louis Mordell expuxo unha conxectura que implicaba que a ecuación de Fermat ten como máximo un número finito de solucións enteiras primitivas non triviais, se o expoñente n é maior que dous.Singh, páxinas 232–234 Esta conxectura foi probada en 1983 por Gerd Faltings, e agora coñécese como teorema de Faltings.

Estudos computacionais Na segunda metade do século XX, utilizáronse métodos computacionais para estender o enfoque de Kummer aos números primos irregulares. En 1954, Harry Vandiver utilizou un SWAC para demostrar o último teorema de Fermat para todos os números primos ata 2521. En 1978, Samuel Wagstaff estendera isto a todos os números primos inferiores a 125.000. .pdf (PDF) |url=https://web.archive.org/web/20121024112422/http://www.ams.org/journals/mcom/1978-32-142/S0025-5718-1978-0491465-4/S0025-5718 -1978-0491465-4.pdf |data=24 de outubro 2012 }} En 1993, o último teorema de Fermat estaba demostrado para todos os números primos inferiores a catro millóns.

Conexión con curvas elípticas A estratexia que finalmente levou a unha proba exitosa do Último Teorema de Fermat xurdiu da Último Teorema de Fermat, Simon Singh, 1997, conxectura de Taniyama–Shimura–Weil, proposta ao redor de 1955, que moitos matemáticos crían que sería case imposíbel de probar, e foi vinculada na década de 1980 por Gerhard Frey, Jean-Pierre Serre e Ken Ribet á ecuación de Fermat. Ao lograr unha demostración parcial desta conxectura en 1994, Andrew Wiles finalmente conseguiu probar o último teorema de Fermat, alén de abrir o camiño cara a unha demostración completa por outros do que agora se coñece como teorema da modularidade.

Conxectura de Taniyama-Shimura-Weil

Ao redor de 1955, os matemáticos xaponeses Goro Shimura e Yutaka Taniyama observaron un posíbel vínculo entre dúas ramas das matemáticas aparentemente completamente distintas, as curvas elípticas e as formas modulares. O teorema da modularidade resultante (naquel momento coñecido como a conxectura Taniyama-Shimura) afirma que toda curva elíptica é modular, o que significa que se pode asociar cunha forma modular única.

A ligazón foi inicialmente descartada como pouco probábel ou moi especulativa, mais tomouse máis en serio cando o teórico de números André Weil atopou probas que a apoiaban, aínda que non a demostraban; como resultado, a conxectura coñécese a miúdo como Taniyama-Shimura-Weil.

Teorema de Ribet para as curvas de Frey

En 1984, Gerhard Frey observou un vínculo entre a ecuación de Fermat e o teorema de modularidade, daquela aínda unha conxectura. Se a ecuación de Fermat tivese algunha solución para o expoñente , entón podería mostrarse que a curva elíptica semiestábel (agora coñecida como curva de Frey-HellegouarchEsta curva elíptica foi suxerida pòr primeira vez nos 1960 por Yves Hellegouarch, mais non prestou atencioón á súa non modularidade. Para máis detalles, ver ) y2 =