O cabo Prior forma un promontorio que se adentra no mar uns catro quilómetros en dirección SE-NO, interrompendo unha liña de costa que se estende desde punta Frouxeira (Valdoviño) ata cabo Prioriño (Ferrol).

A súa altura supera escasamente os 100 m, pero a súa proximidade ao mar converte os seus materiais granodioríticos en impresionantes acantilados nos que as sucesivas etapas de transgresión e regresión mariñas deron lugar a unha roseira de illotes entre os que destacan Os Cabalos -ao norte, cunha colonia dunhas vinte parellas de corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela na Pena Maior ao suroeste.

O relevo do cabo forma unha península cun istmo formado por litoloxía de xistos do Sistema de Ordes que presentan unha superficie de tipo chaira de rasa mariña. miniatura|Cabo Prior desde Santa Comba. É un excelente punto de observación de paso de aves mariñas migratorias.

A costa é accidentada e abrupta, sendo posible a práctica da pesca. Próximas ao faro, hai varias praias limpas e espazosas, San Xurxo, ou Vilar, Santa Comba e Ponzos, concorridas durante a época estival, momento no que aumenta sensiblemente a poboación de Covas, a aldea máis próxima a 3,5 km, ao ser zona de veraneo. Covas é unha península flanqueada por areais, unha extensa planicie, na que se asenta a poboación e os campos de cultivo.

O faro

O faro de cabo Prior atópase a 14 km de Ferrol, alén dos montes de Serantes. Para chegar a el abandónase Ferrol e vaise ascendendo sempre a pendente ata remontar o cume que chaman a Bailadora, onde se inicia o descenso ata Covas e a subida ata o faro. Comezou a funcionar o 1 de marzo de 1953.

Véxase tamén

Ligazóns externas Miradoiro Cabo Prioren Turgalicia. Accidentes da derrota en MasMar .

Categoría:Ferrol Prior Categoría:Cabos ao Océano Atlántico