O akum (aakuem ou oakuem) é unha lingua níxer-congo do grupo benue-congo que se fala no Camerún e Nixeria.
Distribución xeográfica Fálase nas vilas de Ibang e Manga do estado de Taraba en Nixeria e nas vilas de Upkack, Izong e Konkum da provincia do Noroeste do Camerún.
Historia Orixinarios de Kweyma (Camerún), durante a primeira guerra mundial emigraron a causa de conflitos sociais ao seu actual territorio.
Usos sociais Non houbo ningún intento de crear unha escrita para a lingua. A lingua fálanna todos os grupos sociais e de idade e emprégase extraoficialmente nos primeiros graos do ensino.
Véxase tamén Ligazóns externas O akum no Ethnologue A Rapid Appraisal Language Survey of Akum (pdf)
Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas do Camerún Categoría:Linguas de Nixeria