Herman Melville, nado en Nova York o 1 de agosto de 1819 e finado na mesma cidade o 28 de setembro de 1891, foi un escritor estadounidense.

Traxectoria Melville naceu no seo dunha familia acomodada, pero despois da morte do seu pai comezou a traballar desempeñando empregos modestos e aos 20 anos alístase como grumete na liña Nova York-Liverpool. Dous anos máis tarde embárcase nun baleeiro polos Mares do Sur durante catro anos. Precisamente foi esta a experiencia que máis marcaría a súa obra literaria. Debido o pouco éxito de dúas das súas obras Moby Dick e Pierre or the ambiguities, ten que gañar a vida traballando na aduana de Nova York entre 1866 e 1885, cidade na que morreu en 1891.

Obras Narrativa Typee (1846) Omoo (1847) Redburn (1849) Whitejacket (1850) Moby Dick (1851) Pierre or the ambiguities (1852) Bartleby, o escribente (1853) Israel Potter (1855) Benito Cereno (1856) The confident man, his masquerade (1857) Billy Bud (obra póstuma, 1924) Publicada en tradución á lingua galega na Colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia.

Poesía Battlepieces (1866) Clarel (1876) John Marr and other Sailors (1888) Timoleon (1891) Poema (obra póstuma, 1924) Journal up the Straits (obra póstuma, 1935)

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa