miniatura|Abducted Freeze O videoarte é a utilización de medios electrónicos (analóxicos ou dixitais) cun fin artístico, moitas veces mediante videoinstalacións.
Traxectoria Entre os seus iniciadores están Nam June Paik ou Wolf Vostell. Xurdiu ao fío da consolidación dos medios de comunicación de masas. Pretendía explorar as aplicacións alternativas e artísticas deses medios. Utilízase información de vídeo ou son, utilizado como un soporte. A arte está en narrar e facer propostas que esperten as emocións do espectador. Unha das diferenzas entre o videoarte e o cine é que o videoarte non necesariamente cumpre coas convencións do cine, xa que pode non empregar actores ou diálogos, carecer dunha narrativa ou guión, ou outras convencións que xeralmente definen as películas como entretemento.
O videoarte constitúe ademais unha alternativa máis económica á produción tradicional da arte. É unha proposta máis enfocada a persoas que rompen cos parámetros comerciais e buscan un medio máis económico pero non por este motivo con menos valor que as formas tradicionais de produción.
Susténtase no formato e na posibilidade de establecer unha dinámica visual e conceptual a través da narración. É eminentemente conceptual, desta premisa emerxe este estilo de relato visual ou audiovisual.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Videoarte - Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía . Metrópolis: Espazo televisivo dedicado ao Videoarte e á Arte Audiovisual . MADATAC (Mostra Aberta de Arte Audiovisual Contemporáneo) Buenos Aires, Mostra Internacional de Cine Experimental e Videoarte . VideoArtWorld: imagery planet . Demolden Video Project, videogalería . Información sobre videoarte .
Categoría:Videoarte