O seis (6) é o número natural que segue o cinco e precede o sete.
Representacións do 6 Numeración romana: VI Numeración chinesa: 六
Propiedades matemáticas
O primeiro número perfecto, visto que os seus divisores propios (1, 2 e 3) suman 6. O número perfecto seguinte é o 28. O terceiro número triangular, despois do 3 e antes do 10. O factorial de 3, xa que 6 = 3·2·1.
O polígono de 6 lados denomínase hexágono. O hexágono regular ten todos os seus ángulos de 60º.
O poliedro de 6 caras é o hexaedro. O hexaedro regular denomínase cubo e as súas caras son cadrados.
Varios 6 é o número atómico do carbono. Euclides chamou ao 6 nº perfecto por ser igual á suma das súas divisores. A Cábala adxudícalle o sexto sefira Tiferet que significa, Beleza.
Categoría:Números enteiros