O akurio é unha lingua caribe que se fala en Suriname. O akurio está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Distribución xeográfica Fálase na xungla do sueste de Suriname, o primeiro contacto entre este grupo e os brancos realizouse en 1937Alexander Laban Hinton Genocide: An Anthropological Reader. Blackwell Publishing, 2002, páxina 153 cando unha expedición holandesa exploraba a fronteira entre Suriname e o Brasil e entrou no seu territorio tradicional na zona do río Tapain, afluente do PaloemeuProtásio Frikel, Os Tiriyó, Boletim do Museu Paraense Emílio Goeldi, Serie Antropologia 9. Actualmente os akurio viven nas aldeas trió de Tëpu, Kwamalasamutu e Palumeu ás beiras dos ríos Tapanahoni e Sipaliwini.Christopher Moseley Encyclopedia of the World's Endangered Languages. Routledge, 2007, páxina 105

Falantes 10 (grupo étnico de 50)(2001)Ethnologue

Usos sociais Os akurios viven en aldeas trió e só os maiores falan a lingua, os nenos falan trió.Carlin, Eithne B. e Jacques Arends, Atlas of the Languages of Suriname. KITLV Press, 2002, páxina 43. A maior concentración está na aldea de Tëpu, con 33 sobre unha poboación de 240.

Historia Os akurios eran un pobo nómade ata que en 1968 misioneiros cristiáns contactaron con eles e os levaron a asentamentos habitados polo pobo trió, agás un grupo de 10 akurios que decidiron permanecer nómades. Os akurios deixaron de lle falaren a lingua aos nenos no decurso dos anos 70, ao tempo que se reducía a poboación ao 25%. Actualmente non hai información sobre o grupo que se mantivo nómade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas O akurio no Ethnologue

Categoría:Linguas caribes Categoría:Linguas de Suriname