A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, e en grego antigo: Ἑλληνική, hellēnikḗ) é unha lingua indoeuropea, que constitúe unha rama helénica independente dentro da familia de linguas indoeuropeas. É orixinaria de Grecia, Chipre, Italia (en Calabria e Salento), o sur de Albania e outras rexións dos Balcáns, o Cáucaso, a costa do mar Negro, Asia Menor e o Mediterráneo oriental. Ten a historia documentada máis longa de calquera lingua indoeuropea, a cal abrangue 3 400 anos de rexistro escrito. O seu sistema de escrita é o alfabeto grego, que foi usado durante 2 000 anos; anteriormente, utilizou sistemas de escrita como o lineal B e o silabario chipriota. O alfabeto grego xurdiu do alfabeto fenicio, e á súa vez foi a base do alfabeto latino, cirílico, armenio, copto e gótico, entre outros sistemas de escrita.

A lingua grega ocupa un importante lugar na historia do mundo occidental.A history of ancient Greek por Maria Chritē, Maria Arapopoulou, Centre for the Greek Language (Thessalonikē, Grecia) páx 436 Comezando cos poemas épicos de Homero, a literatura grega antiga inclúe moitas obras de importancia para o canon europeo. O grego tamén é a lingua de moitos textos fundacionais da ciencia e da filosofía. O Novo Testamento da Biblia cristiá tamén foi escrito en grego.Kurt Aland, Barbara Aland The text of the New Testament: an introduction to the critical 1995 p52Archibald Macbride Hunter Introducing the New Testament 1972 p9 Xunto cos textos en latín e as tradicións do mundo romano, o estudo dos textos e da sociedade grega da antigüidade constitúen a disciplina dos estudos clásicos.

Durante a antigüidade, o grego era falado como lingua franca no mundo Mediterráneo. Posteriormente converteríase na lingua do Imperio Bizantino e evolucionou no grego medieval. Na súa forma moderna, o grego é a lingua oficial de Grecia e Chipre, e é unha das 24 linguas oficiais da Unión Europea. É falado por, cando menos, 13,5 millóns de persoas en Grecia, Chipre, Italia, Albania, Turquía e pola diáspora grega.

As raíces lingüísticas gregas son empregadas a miúdo para crear novas palabras noutras linguas, e o grego e o latín son as fontes predominantes para o vocabulario científico internacional.

Historia

O grego foi falado na península dos Balcáns dende o terceiro milenio a.C.,; . ou posiblemente mesmo antes.; . A evidencia escrita máis antiga é unha táboa de barro en lineal B atopada en Mesenia e que data do 1450 ó 1350 a.C., convertendo o grego na lingua viva co rexistro histórico máis antigo. Entre as linguas indoeuropeas, a súa data do rexistro escrito máis antiga só coincide coas hoxe extintas linguas anatólicas.

Períodos miniatura|Área do protogrego de acordo do lingüista Vladimir I. Georgiev. A historia da lingua grega divídese polo xeral nos seguintes períodos: Protogrego: o máis antigo devanceiro, non rexistrado mais asumido, de tódalas variedades coñecidas do grego. A unidade do protogrego podería ter rematado coa entrada de migrantes helénicos na península grega, nun período entre a era do Neolítico e a Idade de Bronce.A comprehensive overview in J.T. Hooker's Mycenaean Greece (); for a different hypothesis excluding massive migrations and favoring an autochthonous scenario, see Colin Renfrew's "Problems in the General Correlation of Archaeological and Linguistic Strata in Prehistoric Greece: The Model of Autochthonous Origin" () in Bronze Age Migrations by R.A. Crossland and A. Birchall, eds. (1973). Grego micénico: a lingua da civilización micénica. Existen rexistros en táboas escritos en lineal B que datan do século -XV. Grego antigo: nos seus diversos dialectos, foi a lingua dos períodos arcaico e clásico da antiga civilización grega. Era amplamente coñecida ó longo do Imperio Romano. O grego antigo caeu en desuso na Europa occidental durante a Idade Media, mais mantívose oficalemnte en uso no mundo bizantino, e foi reintroducido ó resto de Europa coa caída de Constantinopla e a migración dos gregos cara ó oeste. Koiné: a fusión do xónico e o ático, a variedade de Atenas, comezou o proceso que resultou na creación da primeira variedade común de grego, que se converteu na lingua franca ó longo do Mediterráneo oriental e Oriente próximo. O grego koiné era falado polos exércitos e nos territorios conquistados de Alexandre o Grande e despois da colonización helenística do mundo coñecido, era falado dende Exipto até os límites da India. Despois da conquista romana de Grecia, estabeleceuse un bilingüismo non oficial entre o grego e o latín na cidade de Roma, e o grego koiné converteuse na primeira ou segunda lingua do Imperio Romano. A orixe do cristianismo tamén está vinculado co grego koiné, xa que os doce apóstolos usaron esta forma da lingua para estender o cristianismo. Tamén é coñecido como grego helenístico, grego do Novo Testamento e ás veces como grego bíblico xa que foi a lingua orixinal do Novo Testamento, e o Antigo Testamento foi traducido nesta mesma lingua na Biblia dos Setenta. miniatura|Distribución das variedades do grego en Anatolia, 1910. Demótico en amarelo. Póntico en laranxa. Grego capadocio en verde, cos puntos verdes sinalando as vilas gregas capadocias.. Grego medieval, tamén coñecido como grego bizantino: a continuación do grego koiné ata a desaparición do Imperio Bizantino no século XV. O grego medieval é un termo que abrangue un continuo lingüístico de diferentes falas e estilos de escrita, as cales van dende as continuacións vernáculas do koiné falado que xa se estaban ahegando ó grego moderno en moitos aspectos, a formas moi aprendidas que imitan o ático clásico. Gran parte do grego escrito que se utilizou como lingua oficial do Imperio Bizantino era unha variedade ecléctica de termo medio baseada na tradición do koiné escrito. Grego moderno (neohelénico): A partir do grego medieval, os usos do grego moderno remóntanse ó período bizantino, xa no século XI. É o idioma empregado polos gregos modernos e, ademais do grego moderno estándar, abrangue varios dialectos.

Grego moderno Grego antigo 1 Στην αρχή ήταν ο Λόγος, και ο Λόγος ήταν μαζί με τον Θεό, και ο Λόγος ήταν Θεός. 1 Ἐν ἀρχῇ ἦν ὁ Λόγος, καὶ ὁ Λόγος ἦν πρὸς τὸν Θεόν, καὶ Θεὸς ἦν ὁ Λόγος. /stin ar'çi 'itan o 'loɣos ke o 'loɣos 'itan ma'zi me ton θe'o ke o 'loɣos 'itan θe'os/ /en arkʰέì έὲn ho lógos kaí ho lógos έὲn prós tón tʰeón kaí tʰeón έὲn ho lógos/ 2 Αυτός ήταν στην αρχή μαζί με τον Θεό. 2 Οὗτος ἦν ἐν ἀρχῇ πρὸς τὸν Θεόν. /af'tos 'itan stin ar'çi me ton θe'o/ /hóòtos έὲn en arkʰέì prós tón tʰeon/ 1 Ao principio era o Verbo e o Verbo era Deus.2 Estaba ao principio con Deus.

Diglosia

Na era moderna, a lingua grega entrou nun estado de diglosia: a coexistencia de formas escritas vernáculas e arcaizantes da lingua. O que chegou a coñecerse como a cuestión lingüística grega foi unha polarización entre dúas variedades competidoras do grego moderno: o demótico, a forma vernácula do grego moderno, e o katharevousa, que quere dicir 'purificado', unha variedade a medio camiño entre o demótico e o grego antigo que foi desenvolvida no século XIX e que foi usado na literatura e con motivos oficiais polo novo estado grego. En 1976, o demótico foi declarado a lingua oficial de Grecia, logo de ter incorporado trazos do katharevousa e de crearse o grego moderno estándar, o cal é o usado de maneira oficial polo estado e na educación.

Unidade histórica miniatura|upright|Distribución das principais áreas dialectais do grego moderno. A unidade histórica e a continuidade da identidade lingüística entre os diferentes períodos da lingua grega son unha das súas principais características. Malia que o grego sufriu transformacións morfolóxicas e fonolóxicas comparables ás doutras linguas, dende a antigüidade clásica, a súa tradición cultural, literaria e ortográfica nunca se viu interrompida, até o punto de que se poida falar dunha nova lingua emerxente. Os falantes de grego hoxe en día aínda tenden a considerar as obras literarias do grego antigo como parte da súa propia lingua e non como unha lingua allea.. Tamén se adoita afirmar que os cambios históricos foron relativamente leves en comparanza con outras linguas. Segundo unha estimación, "grego homérico está probablemente máis achegado ó demótico que o inglés medio do século XII respecto do inglés moderno falado".. Distribución xeográfica

miniatura|upright|Distribución xeográfica do idioma grego no Imperio ruso (censo de 1897) O grego fálano hoxe en día polo menos 13 millóns de persoas, principalmente en Grecia e Chipre, xunto cunha considerable minoría de fala grega en Albania preto da fronteira grecoalbanesa. Unha porcentaxe significativa da poboación de Albania ten coñecementos de grego debido, en parte, á onda de inmigración albanesa a Grecia nos anos 80 e 90 e á comunidade grega no país. Antes da guerra greco-turca e o conseguinte intercambio de poboación en 1923, tamén existía unha gran poboación de falantes de grego en Turquía, aínda que hoxe en día quedan moi poucos. Tamén hai unha pequena comunidade de fala grega en Bulgaria, preto da fronteira entre Grecia e Bulgaria. O grego tamén o fala en todo o mundo a considerable diáspora grega, que conta con importantes comunidades nos Estados Unidos, Australia, Canadá, Suráfrica, Chile, |Brasil, Arxentina, Rusia, Ucraína, Reino Unido, e en toda a Unión Europea, especialmente en Alemaña.

Historicamente, atopáronse importantes comunidades e rexións de fala grega en todo o Mediterráneo oriental, no que hoxe son Italia meridional, Turquía, Chipre, Siria, Líbano, Israel, Palestina, Exipto, e Libia; na zona do mar Negro, no que hoxe son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia, Xeorxia, Armenia e Acerbaixán; e, en menor medida, no Mediterráneo occidental, en e ao redor de colonias gregas como Massalia, Monóikos e Mainake. Tamén se utilizou como lingua oficial do goberno e a relixión nos reinos cristiáns de Nubia, durante a maior parte da súa historia.

Status oficial O grego, na súa forma moderna, é a lingua oficial de Grecia, onde é falado por case toda a poboación. Tamén é a lingua oficial de Chipre (nominalmente xunto co turco) e o Territorio Británico de Ultramar de Akrotiri e Dhekelia (xunto co inglés). establece que «os idiomas oficiais da República son o grego e o turco». Con todo, o status oficial do turco é só nominal na República de Chipre, dominada polos gregos; na práctica, fóra da Chipre do Norte, dominada polos turcos, o turco utilízase pouco; véxase A. Arvaniti (2006): Erasure as a Means of Maintaining Diglossia in Cyprus, San Diego Linguistics Papers 2: pp. 25–38 . Debido á pertenza de Grecia e Chipre á Unión Europea, o grego é unha das 24 linguas oficiais da organización. O grego é recoñecido como lingua minoritaria en Albania, e úsase cooficialmente nalgúns dos seus municipios, nos distritos de Gjirokastër e Sarandë. Tamén é unha lingua minoritaria oficial nas rexións de Apulia e Calabria en Italia. No marco da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o grego está protexido e promovido oficialmente como lingua rexional e minoritaria en Armenia, Hungría, Romanía e Ucraína. Está recoñecida como lingua minoritaria e protexida en Turquía polo Tratado de Lausana de 1923. Características A fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe e o vocabulario da lingua mostran tendencias tanto conservadoras como innovadoras ao longo de toda a historia da lingua, desde a antigüidade até a época moderna. A división en períodos convencionais é, como ocorre con todas as periodizacións, relativamente arbitraria, sobre todo porque, en todos os períodos, o grego antigo gozou dun gran prestixio e os literatos tomaron prestados moitos elementos del. Fonoloxía thumb|Fala en grego moderno