O termo Galo pode referirse a:

Galo, Gallus gallus, macho da galiña, pito; Galo das rochas, Rupicola peruviana, ave do Perú; Galo cereixeiro, Oriolus oriolus, ave europea, vichelocrego; Galo da braña, Vanellus vanellus, avefría, pega fría; Galo merdeiro, Upupa epops, bubela, poupa; Galo lira, Tetrao tetrix; Papilio machaon, tipo de bolboreta, cola de andoriña, macaón; Iphiclides podalirius, tipo de bolboreta, podalirio; Camarón galo, Exhippolysmata oplophoroides, crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos hipolítidos; Cobo cola de galo, Lobatus gallus, especie de caracol mariño, molusco da familia Strombidae; Crista do galo (Persicaria maculosa) planta herbácea anual da familia das poligonáceas que resulta prexudicial para os cultivos, herba pulgueira, crista, herba do galo; Crista de galo grande (Serapias cordigera), planta herbácea perenne da familia Orchidaceae; Crista galli, apófise do óso etmoide, en forma de pequena lámina vertical, situada na porción central da lámina cribosa deste, onde se insire a foz do cerebro, crista de galo; Pata de galo, engurras diverxentes que se forman no ángulo externo do ollo coa vellez; Peito de galo, conformación da rexión do peito caracterizada por presentar unha prominencia na liña media provocada por un desenvolvemento excesivo do esterno; Galo, individuo pertencente a un antigo pobo celta que habitou na provincia romana da Galia: Galo, por extensión, de Francia ou dos seus habitantes. Galo, pertencente a unha tribo da India.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Galo, lugar da parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo; O Galo, lugar da parroquia de Lañas, no concello de Arteixo; O Barrio do Galo, lugar da parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños; Rego de Galo, lugar da parroquia de Valboa, no concello de Trabada.

Amais, como antropónimo e apelido, pode referirse a:

Galo Salinas, galeguista e escritor en lingua galega e castelá; Galo ou Treboriano Gallo (251 - 253), emperador romano; San Galo, monxe suízo que a mediados do século IV fundou a abadía de Sankt Gallen; Constancio Galo, príncipe do Imperio Romano, César de Oriente e irmán do Augusto emperador Xuliano o Apóstata; Caio Cornelio Galo, poeta latino do século I a. de C.

Véxase tamén Outros artigos

O Galo, agrupación cultural en Santiago de Compostela; Galos, nome que daban os romanos aos sacerdotes castrados da deusa fricia Cibeles; Lingua gala, lingua celta falada na Galia prerromana; Peso galo, categoría do boxeo e outros deportes de combate que agrupa competidores de pouco peso; Galó, lingua romance pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl; Gallo galo, símbolo nacional non oficial de Francia.