Unha instalación de arte é un xénero de arte contemporánea que tomou grande importancia a partir da década de 1970. As instalacións incorporan calquera medio para crear unha experiencia visceral ou conceptual nun ambiente determinado. Os artistas de instalacións polo xeral utilizan directamente o espazo das galerías de arte.

Moitos encontran as orixes deste movemento en artistas como Marcel Duchamp e o uso de obxectos cotiáns resignificados como obra artística, máis cá apreciación da escultura tradicional que se basea no traballo artístico. A intención do artista é primordial en cada instalación debido á súa conexión coa arte conceptual da década de 1960, o que novamente é unha separación da escultura tradicional que ten o seu principal interese na forma.

Pode incluír calquera medio, dende materiais naturais ata os máis novos medios de comunicación, tales como vídeo, son, computadoras e Internet.

Algunhas instalacións son sitios específicos de arte; elas só poden existir no espazo para o cal son creadas.

Instalacionistas Vanessa Beecroft Lee Bul Joseph Beuys Christo et Jeanne-Claude Maurizio Collini Wim Delvoye Norman Dilworth Yolanda Gutiérrez Gary Hill Ruediger John Anish Kapoor Barbara Kruger Misha Kuball Ange Leccia Rafael Lozano-Hemmer Diller Scofidio + Renfro Nam June Paik Spencer Tunick Wolf Vostell Zbgniew Wąsiel Wela, Elisabeth Wierzbicka Krzysztof Wodiczko Chen Zhen

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Open Directory: Artistas que fan instalación Open Directory: Instalación na categoría de escultura

Categoría:Arte e Cultura