A música skiffle é un tipo de música folk influenciada por xéneros como o jazz e o blues. Utilizan instrumentos como guitarra acústica e banjo, aínda que utilizan tamén instrumentos improvisados ou caseros como peites, un kazoo, un folio, unha táboa de lavar, papeles etc. O skiffle e os jug bands están estreitamente relacionados.
Historia O skiffle empezou a facerse popular nos Estados Unidos a principios do século XX, comezando por Nova Orleáns. O dicionario inglés Oxford, sinala ao termo rent party (festas nas cales contratábase un grupo e logo pasábase un chapeu para que os asistentes axudasen a pagar o grupo a quen montaran a festa) como sinónimo de skiffle.
Ao principio, as bandas de skiffle eran chamadas spasm bands. Nos anos '20 e '30 tocábase un tipo de skiffle en Memphis e Louisville. As bases do skiffle sitúanse nos grupos de jazz dos '40 e '50.
A primeira vez que se usou o nome en gravacións, foi en 1925 por Jimmy O'Bryant and his Chicago Skifflers. En 1948 Dan Burley and His Skiffle Boys, banda liderada polo pianista e xornalista Burley, levou a Nova Orleáns ao baixista Pops Foster e aos guitarristas Brownie e Sticks McGhee.
O skiffle fíxose extremadamente popular no Reino Unido a finais dos '50. Lonnie Donegan deuse a coñecer internacionalmente coa canción "Rock Island Line" . Outros grupos coñecidos do Reino Unido son The Gin Mill Skiffle Group e The Quarrymen,J. Roberts, The Beatles (Lerner Publications, 2001), p. 13. os que máis tarde se converterían en The Beatles, quen usaban un contrabaixo skiffle, que nada máis que era unha vara dunha vasoira prendido a unha caixa de té. (tea chest bass).
Mick Jagger foi membro de The Barber-Coyler Skyffle Band, pero asegura que realmente non lle gusta o skiffle. A popularidade da sinxela música skiffle abriu os ollos aos mozos británicos que se deron conta de que podían tocar música e ter éxitos de vendas. O resultado, anos máis tarde, foi a explosión musical chamada a Invasión Británica.
Notas
Categoría:Folk