Ramón de Vicente Vázquez, nado en Vigo o 7 de xuño de 1932 e finado en Ferrol en febreiro de 2016,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-2-2016, p. 49. foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Enxeñeiro naval, traballou en ASTANO e foi director da Escola de Enxeñería Técnica Naval de Ferrol. Encabezou a candidatura da Coalición Democrática en Ferrol nas eleccións municipais de 1979. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular. Foi Conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1983). Foille concedida a Medalla de Bronce de Galicia en 2003.
Vida persoal
Casou con María José Aldecoa Argaya e tivo seis fillos: Javier, María, Carlos, Jordi, Alberto e María José. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes