Concepción Gamarra Ruiz-Clavijo, nada en Logroño o 23 de decembro de 1974, máis coñecida como Cuca Gamarra, é unha política española, secretaria xeral do Partido Popular. Foi alcaldesa da cidade española de Logroño, capital da comunidade autónoma da Rioxa, a primeira muller na historia da cidade que exerceu ese cargo.elcorreo.com La alcaldesa de todos, consultado en decembro de 2012. Chegou á alcaldía tras obter o seu partido, o PP, a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2011.elcorreo.com Gamarra logra la representación más amplia del PP en el Ayuntamiento, consultado en decembro de 2012. Sucede no cargo a Tomás Santos, do Partido Socialista Obreiro Español.

Traxectoria De formación avogada, obtivo a licenciatura en Dereito económico e o posgrao en Dereito cooperativo pola Universidade de Deusto. É membro do Comité Executivo Rexional do PP da Rioxa desde o ano 2000. Entre ese ano e 2005 foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Rioxa, exercendo o cargo de presidenta do Consello Asesor de RTVE na Rioxa entre 2003 e 2007. É concelleira do Concello de Logroño desde 2003 e voceira do Grupo Municipal Popular desde 2004.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Un minuto con Cuca Gamarra - Eleccións locais de 2011

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Alcaldes de Logroño Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Avogados de España