Cádiz é unha zarzuela (denominada episodio nacional cómico-lírico-dramático) en 2 actos e 9 cadros con música de Federico Chueca e Joaquín Valverde sobre un libreto en castelán de Javier de Burgos. Foi estreada no Teatro Apolo de Madrid o 20 de novembro de 1886 e reflicte o ambiente da cidade en 1812, cando o pobo se defendeu do asedio dos exércitos de Napoleón e as Cortes redactaron a primeira Constitución Española.
Historia Cádiz foi estreada o 20 de novembro de 1886 no Teatro Apolo. Esta obra constitúe un modelo de zarzuela popular, pintura brillante e expresiva dun momento culminante da historia de España, entresacado dun dos Episodios Nacionais de Benito Pérez Galdós. “Chispero” describe a estrea dicindo que “o éxito foi clamoroso. O libro gustou moito e a música moito máis. O desfile final do primeiro acto coa marcha, que logo foi histórica nos anais españois, puxo ao público en pé, os aplausos cos que se premiou a saída do liberador de Cádiz enardeceu a todos os espectadores, moitos dos cales, segundo algúns cronistas, enronqueceron vitoreando a España, totalmente alleos ao feito de estar asistindo a unha evocación teatral, e como si verdadeiramente tiveran formado parte do pobo de Cádiz que aclamaban aos seus heroes. Todo o acto segundo transcorreu entre ovacións poucas veces superadas no teatro, e os autores foron aclamados durante a representación e ao final dela”. Curiosamente a famosa marcha non fora composta para esta zarzuela, senón que o fora 20 anos antes co nome de “Himno de Prim”, e que logo foi incluída nesta obra.
Deleito y Peña comentou que a “marcha” de Cádiz pasou a todos os rexementos españois e aos pianos de todos os cafés. En 1898, cando a guerra contra os Estados Unidos exaltou a febre españolista, tratouse de converter esa peza no himno español, e polo resultado militarmente adverso, esta marcha pareceu despois un responso fúnebre e foi maldita como exaltadora da tola aventura.
Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea,20 de novembro de 1886Curra, unha "maja"sopranoAdelaida LatorreCarmencita, xove casadeira namorada dun capitánactrizJoaquina PinoDoña Angustias, aia de CarmencitaSrta. BorjaUna mulata, habaneira de CádizsopranoCecilia DelgadoUnha naisopranoMercedes GuerraEtelvinaactrizLoreto PradoEl Rubio, caleserotenorSr. CruzFray Casto, un Negrito e un Ciegoactor cantanteJulio RuizFray Ciriloactor cantanteJulián CastroLorenzo, sobriño do marquésbarítonoPablo DíazEl MarquésactorRicardo MoralesDon Cleto, titor de CarmencitabarítonoGabriela Sánchez CastillaFernando, mozo capitán alistado contra NapoleónactorSr. CamposSeñoritaactrizSra. BermejoOficiais inglesesbarítonosSr. Alentón e Manuel Barreal
Características A obra é unha das máis espontaneamente inspiradas de Chueca e os seus números pasaron rapidamente ao dominio público. Na súa música, sendo tan caracteristicamente chuequista, non se dá o ton "chulángano" que cultivou, senón que se adapta ao ambiente andaluz con moita propiedade, como nas sevillanas e caleseras que cantan Curra e El Rubio.
Argumento A obra comeza cun coro de gaditanos desconcertados ante os preparativos para defender a cidade do ataque do exército francés. Lorenzo e o Rubio, un frade e un "currutaco", de diferente condición social, discuten sobre as posibilidades de éxito. Por outra banda, Carmencita, unha rapaza casadeira namorada dun capitán, sofre os asedios da súa aia Angustias e o seu titor Cleto, que tenta sacarlle da cabeza as ideas de voda co capitán para seducila el mesmo. Na escena seguinte, o Marqués comunica a Cleto que todo o povo está colaborando na construción de fortificacións para protexer a cidade e que arrasará a casa de verán que posúe nas aforas, o que induce ao titor a idear unha fuxida con Carmencita para librarse dos que cre perdedores na batalla. A continuación, a escena presenta un lance de amor entre Curra e o Rubio chea de graza. O titor saíu de Cádiz nunha calesa para organizar a súa fuxida e por iso Carmen vese obrigada a pedir cobixo na casa do Marqués; Lorenzo, sobriño deste, rógalle que non marche. Mentres, o Rubio, condutor da calesa, faina envorcar sospeitando o que tramaba Cleto. Anuncian a chegada de soldados de reforzo e con iso a de Fernando, prometido de Carmen; hai un alboroto popular que se completa coa detención do titor.
O segundo acto comeza cunha festa popular que celebra as dificultades dos franceses para achegarse á cidade, á que asisten as forzas inglesas de apoio, a quen os andaluces cantan o número dos lores. Cleto segue tramando a fuxida mentres Lorenzo e Fernando falan das súas accións de guerra. A desaparición de Carmen e Cleto mobiliza a todos para tentar localizalos. Dáse paso a un cadro titulado “La Constitución” onde o povo canta diversos aires en honor de “la Pepa”, entre eles o famoso tango da negra. Pechado con Carmen, Cleto tenta que esta colabore nos seus plans afirmando que a sorte da cidade está botada, mais aparecen Lorenzo e Fernando gardando ben ao titor. Nos breves cadros oitavo e noveno, o pobo celebra a súa vitoria fronte ao invasor.
Números musicais Acto I 1 Preludio, introdución e diana, “¡Vaya una jarana!”. 2 Dúo, sevillanas e caleseras, “¡Ven para aquí, retesalá!”. 3 Pasacalle, “El barrio de la Viña”. 4 Barcarola. “El que sea patriota”. 5 Marcha de Cádiz (Pasodobre) “Los cornetas nos anuncian”.
Acto II 6 Preludio e tango flamenco, “Enfrente e la Cortaúra”. 7 Panadeiros e zapateado, “Cuando en Cádiz sale el sol”. 8 Polka dos ingleses e damiselas, “Miss lord, miss lord, me paece a mí”. 9 Coro e danza dos negritos, “A reír y cantar gaditanos……Era una pobe nega”. 10 Canción do cego “Tin, tipi, tipi, tipité…..¿Quién compra un papelito”. 11 Marcha da Constitución. 12 Orquestral: A treboada. 13 Orquestral. 14 Jota “Ya habrán visto los franceses”.
Discografía AnoIntérpretes Director,Teatro de ópera e orquestra Selo2001 Teresa VerderaMaria Dolores Leal RuzSagrario Robolán MichininaYolanda Romilda VázquezJuan Ponce DelgadoJ. MeraEnrique FerrerFernando Saiz AlcántaraFrancisco Javier Rodríguez JuradoPau Bordas José luis López Aranda Discos de la Frontera SurOs intérpretes desta gravación poden non ser exactos.1964 Isabel ReyJosé BrosAna IbarraCarlos BergasaEmilio SánchezLuis ÁlvarezSonia GancedoVictoria MarchanteGonzalo BurgosFrancisco Santiago Víctor Pablo Pérez,Orquestra Sinfónica de Galicia e Coro da Comunidade de MadridDeutsche GrammophonOrquestra Sinfónica de Galicia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información da zarzuela en lazarzuela
Categoría:Zarzuelas