miniatura|230px|Unha araña típica. miniatura|230px|Ixodes hexagonus, un ácaro. A dos arácnidos (Arachnida), do grego αράχνη aráchne, "araña" e -ιδες -ides (neutro latino plural -ida, "pertencente a un grupo") é unha clase de artrópodos quelicerados da que se describiron máis de 102 000 especies.Chapman, A. D. (2009) Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618 Inclúe formas tan coñecidas como as arañas, os escorpións e os ácaros.Cracraft, Joel & Michael Donoghue, eds. (2004): Assembling the Tree of Life. Oxford University Press.
Anatomía Caracterízanse por teren o corpo dividido en dúas rexións ou tagmas máis ou menos diferenciadas, o prosoma (ou cefalotórax) e o opistosoma (ou abdome).
Os apéndices insírense no soma e son un par de quelíceros, xunto á boca, un par de pedipalpos, á veces moi desenvolvidos, e catro pares de patas locomotoras.
Carecen de antenas, e adoitan teren un o máis pares de ollos simples, en lugar de grandes ollos compostos como os insectos. Nalgúns casos estes ollos son moi eficaces para o seu tamaño.
Bioloxía Alimentación O seu aparello dixestivo consta de tres partes, estomodeo, mesodeo e proctodeo, das que a primeira e a última son de orixe ectodérmica.
Aliméntanse succionando líquidos máis que tragando porcións sólidas, para o cal a miúdo realizan unha predixestión externa segregando ou inxectando enzimas dixestivas sobre o alimento.
En moitos casos son depredadores, e varios grupos inxectan veleno cos quelíceros ou o telson (último segmento do corpo).
Circulación do sangue e respiración A circulación é aberta, como en todos os artrópodos. A respiración efectúase a través de vías e cavidades internas que se abren ao exterior por espiráculos; nuns casos é un sistema traqueal, noutros baséase en órganos chamados pulmóns en libro, pola forma en que se pregan as súas paredes.
Excreción A excreción, como é típico en animais que normalmente non beben e ás veces crecen en ambientes áridos, produce unha urina moi concentrada ou seca, rica en guanina e ácido úrico. Os órganos da excreción son tubos de Malpighi, que desembocan no intestino, ou glándulas coxais, que o fan na base das patas.
Reprodución Os arácnidos son ovíparos, pero nalgunhas especies nacen directamente da nai (ovovivíparos). O comportamento de cortexo é moitas veces moi elaborado, e en moitos casos obsérvanse coidados parentais, un trazo raro fóra dos vertebrados.
Distribución Aínda que son máis abundantes e variados en climas cálidos, están presentes en todos os climas non polares, e entre as arañas e os pseudoescorpións encóntranse algúns dos poucos animais capaces de vivir nos cumios máis altos da Terra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1) Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Outros artigos Artrópodos
Ligazóns externas Arachnida en Tree or Life. Consultada o 1/01/2013.
Categoría:Arácnidos