A dos pleociemados (Pleocyemata), do grego πλέω pléo, "nadar" e κυέω kyéo, "estar embarazada", é unha suborde de crustáceos decápodos fundada por Martin Burkenroad en 1963.

A clasificación de Burkenroad substituíu as antigas subordes de Natantia (nadadores) e Reptantia (reptadores) polos grupos monofiléticos Dendrobranchiata e Pleocyemata.

Os pleociemados inclúen todos os membros dos reptadores (incluíndo cangrexos, lagostas, lumbrigantes, nécoras, cigalas e outros), así como os estenopodideos (Stenopodidea) e os carideos (Caridea) (que comprenden os camaróns).

Infraordes A suborde dos pleociemados comprende as infraordes seguintes::

Stenopodidea Caridea Astacidea Glypheidea Axiidea Gebiidea Achelata Polychelida Anomura Brachyura

Estes taxons comparten unha serie de características, a máis importante delas é que os ovos fecundados son incubados polas femias e permanecen pegados aos pleópodos (patas nadadoras) até que están listos para eclosionar. É esta característica a que lle dá o nome ao grupo.

O fósil máis antigo representativo do grupo é Palaeopalaemon, do Devoniano.Robert P. D. Crean (2004): Order Decapoda: Fossil record and evolution. University of Bristol.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Decápodos Nadadores Reptantes

Categoría:Decápodos