Mirentxu é unha ópera (denominada idilio lírico vasco en dous actos) en dous actos e un epílogo con música de Jesús Guridi sobre un libreto de Alfredo Echave. Foi estreada como zarzuela o 31 de maio de 1910 no Teatro Campos Elíseos de Bilbao. Posteriormente o propio compositor a transformou en ópera en 1912. Foi un encargo da Sociedad Coral de Bilbao.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só unha representación no período 2005-2010.
Argumento Mirentxu conta a historia de Manu e a súa filla Mirentxu, que viven en Errotatxiki, un muíño xunto ás ruínas dunha antiga ferrería vasca. Mirentxu namórase de Raimundo, sobriño do muiñeiro que tamén vive con eles. Porén, as cousas non serán doadas para a moza xa que no seu camiño se interporá Presen, a mellor amiga de Mirentxu, o que dá lugar a un perigoso triángulo amoroso.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Zarzuelas Categoría:Óperas en castelán Categoría:Óperas de Jesús Guridi Categoría:Óperas de 1912